Iso di a web de Campionchip Norte dos participantes nos 21097 m, e despois de velos pasar en Rodríguez Murias, créoo: mais de tres minutos de paso a menos de 1 km da saída é un espectáculo. Por iso deixo o vídeo ó pé. Coido que a idea (non sei quen foi a persoa que deu 'o último paso' enunciándoa) é boa, e con este resultado, moito mellor. Quedeime con envidia de participar, a pesares dos chaparróns que caeron durante o tempo de celebración. E non fun o único. Mesmo houbo quen quería prantexar outra saída en bicicleta, de algo máis doada realización para os participantes (que eu saiba non se chegou a propor á organización). Á próxima, apúntaste?
3 comentarios:
Aos meus 80 anos sentín unha gran emoción ó ver a procesión da Patrona este ano. Todas as autoridades presidindo a procesión igual que o facía nos anos 40 o alcalde de entonces, Pancho Maseda. Só lles faltaban as gafas de sol.

coido que o comentario anterior era para outra entrada. Alí o copiarei.
Publicar un comentario