20140925

Á porta do concello de Ribadeo

    O título de hoxe pode referirse a varias cousas que andas estes días en marcha.    De xeito breve:
    * As pintadas mesmo na estatua do Marqués de Sargadelos. sinxelamente, máis aló do incivismo e outras consideracións, coido que a estatua do Marqués representa mellor o que é sen pintadas, co xesto de despedida que o caracteriza.
    * O pleno de hoxe. A modo de lembranza, hoxe preténdese votar o PXOM entre outros temas que por fin parecen ter algo de importancia para ser publicados na páxina web do concello a dous días do pleno, aínda que sexa de xeito anunciativo e non enunciativo (ou sexa, con compoñente de propaganda).
    * O presentarse ou non ás eleccións de Podemos. O xornal trae que na Mariña si, pero se se lee un pouco máis embaixo, nótase que se refire a Burela. En Ribadeo, Podemos ten dado o seu apoio á Plataforma Cidadá...
    Dan moito que desenvolver as tres cousas, haberá que tratalas pouco a pouco.

2 comentarios:

Iván Rodríguez Lombardero dixo...

Entre todos eles, o tema da productividade é importante e debera ser obxecto de varias preguntas: 1.O Alcalde ven queixándose dende hai anos do escaso compromiso dos funcionarios municipais ("salvo honrosas excepcións", dicia), polo que será interesante coñecer o criterio empregado para achegar cartos por productividade a algúns deles. 2. Hai un documento pagado con cartos do Concello sobre a RTP elaborado pola Universidade de Santiago que denuncia que media ducia de funcionarios están a cobrar cartos moi por encima (o dobre!) do que lles correspondería polo seu posto en comparación con outros concellos de similar poboación. (Este documento debera ser público). Se é así, incrementar eses salarios con outros conceptos non semella procedente. 3. Os salarios dos empregados do Concello deberan ser públicos. Hoxe podemos entrar na web e saber canto cobra un funcionario de Texas, pero non canto pagamos aos nosos.

agremon dixo...

Visto o comentario case unha década despois, poderíaselle cambiar algo? Coido que non...