20140915

Despois da tempestade, a calma

Si, onte, despois da tormenta, voltou a calma para ofrecer unha paisaxe limpa e poder desfrutar unha da ría como un espello da paisaxe e do ceo que quixo acompañalos. Dende as Aceas, a costa ó sur da vila de Castropol enmarcaba unhas cantas embarcacións fondeadas.
Mirando cara á Veiga, a luz deparaba paisaxes tamén interesantes.
Pola mañá, cando avisaba tormenta, o alcalde ribadense estaba nos Remedios, facendo unha ofrenda con tradición comezada en 1938, segundo o xornal.

Ningún comentario: