Estamos en festas!
Así o vimos estando dende hai xa case unha semana, segundo o cartel. Digo segundo o cartel non porque non sexa certo que hai actividades festeiras, chiringuitos de festas, etc, senón porque no verán pouco se distingue entre festa/non festa, e menos aínda se consideramos que en Ribadeo, como en 'todo o mundo mundial', as tecnoloxías fan que a 'festa' se desconfigure e desparrame no día a día. Por exemplo, quen compare o cartel das festas deste ano (aquí embaixo) coas de poñamos, cinco anos hai, observará unha estética diferente, na que (este ano) predomina o propio anuncio das particularidades, sobre todo en forma de orquestra, fronte á imaxe aglutinadora, evocadora da festa en conxunto, colectiva, do pasado.
E sucédense ademáis actividades en competición coas 'festas oficiais', como as actuacións en diversos locais que se anuncian por separado, de xeito independente, como dicindo: estamos en festa -nós, pola nosa conta-
A máis, a vida segue, e o 10 de setembro haberá a marea máis viva do ano (se presión e demais variables o permiten), como o anuncia o cartel das mareas para as Catedrais. Algo que se poderá aproveitar de xeito previsible con abonda menos xente que a que desfrutaba en agosto da praia.
Que a vida segue con independencia das festas o manifestan asemade diversas actividades que se van facendo a diario, na máis pura rutina. Un exemplo, as obras da residencia, que deixo en fotos do 25 de agosto e de hoxe mesmo, 4 de setembro de 2014:
Ningún comentario:
Publicar un comentario