20140929

Participando, que é xerundio: as catedrais pagan a pena


Este verán, ó igual que noutras ocasións, as catedrais foron nova varias veces. Da sobrevisita ó vandalismo, pasando polo plan de conservación, escribiuse sobre ela e viuse no xornal a súa imaxe. E tamén se falou na rúa, e nos bares.
Agora chegou o momento de participar doutro xeito. Quizais algúns pensemos que o sistema non é o idóneo (si, así pensamos algúns) pero o caso é que xa está en marcha a redacción dun plan, e agora hai dúas semanas (xa moi escasas) para contribuír, para aportar sobre o que xa está redactado pero aínda non será definitivo.
Como é diferente velo no xornal que ter mesmo a punto as ligazóns, aí van para propiciar que se vexa e se participe (é dicir, que vexas e participes):
15 días naturais dende o 22 de setembro: http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Monumentos_naturais/seccion.html&std=A_praia_das_Catedrais.html
O mapa topográfico http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=157021&name=DLFE-12940.pdf
O documento preliminar do plan http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=156288&name=DLFE-27308.pdf
Os planos do plan de conservación http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=156288&name=DLFE-27309.zip
Na imaxe, a topografía da zona de protección (segunda das ligazóns anteriores, ampliable), aínda sobre un plano de factura anterior á autovía. Por certo, que se ve claramente que cobre a zona de Esteiro, chega xusto ata o límite do concello, e aparece a diferenciación entre Augasantas e Catedrais.
Unha nota: dependendo do Sistema Operativo e/ou navegador, ó mellor te ves en problemas para baixar os documentos.
--
Nota posterior do Concello: http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=1625&lg=gal

Ningún comentario: