Recollo dunha rede social (comunidade 'Ribadeo' en Facebook) unha dunha serie de fotos do efecto a última baixamar en marea viva na rada do porto pesqueiro. O barco é o Villaselán, sobre as 11:34,
marea baixa moi viva (coef. 104), pero como especifica o apunte da foto, o vento era de compoñente sur, o que evitou un calado aínda menor.
Non fan falta moitos comentarios porque a foto é abondo ilustrativa. O barco estaba na dársena pesqueira, ó fondo dela, e fronte a unha infraestrutura de construción como o peirao, salienta a falta de complemento do calado no porto. A circulación de auga na ría pode variar de xeito relativamente rápido os fondo, as profundidades, os calados de atraques e pasos na zona aberta. Na rada de pesca, a cousa xa é outra, e o rendemento en tempo dun dragado é moito maior. Claro que para que haxa ese rendemento, hai que facelo antes.
Claro, o barco foi movido despois para evitar a seguinte baixamar nese lugar. Iso ven a significar que unha infraestrutura deixa de ser usada dun determinado xeito, ou en parte, por non ser adecuada. Evidentemente, non é algo tan flagrante como pode selo o caso do alto do Fiouco na A8, e ademáis ten moito mellor amaño. Quizáis vexamos pronto rebaixar o fondo na enseada do porto? Ou decidirase que como o resto dos barcos que atracan alí teñen menor calado, este que se sitúe algo máis preto da saída (como fixo en canto aumentou o nivel da auga), e listo? O tratamento pode indicar algo sobre a consideración que ten o porto de Ribadeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario