Vin a entrevista, pareceume interesante ó vela este fin de semana na Comarca e pedinlla para reproducir aquí (grazas!):
ENTREVISTA
A MANUEL VALIN VALDES
(Reprodúcese
aquí integramente a entrevista que o diario EL PROGRESO, na súa
edición de A Mariña, me fixo e da que xurdiu a publicada o domingo
9 de novembro de 2014)
Acaban
de presentar ao candidato do PP á alcaldía de Ribadeo. ¿Qué opina
del como persoa e como político?
Como
persoa, soamente podo dicir cousas boas; coñézoo desde fai bastante
tempo, compartimos anos de traballo no Partido o que nos permitiu
forxar a relación de amizade que mantemos na actualidade. Trátase
dunha persoa amable, accesible, honrada,…, un bo tipo.
Desde
o punto de vista político, penso que é un home de Partido, con
todo o que iso implica; foi concelleiro na oposición 4 anos
(formou parte do último grupo municipal que capitaneou Andina) e
leva 2 anos ao fronte do Pp local en Ribadeo. Se ben este bagaxe non
supón unha grande experiencia, ninguén nace aprendido e seguro
que co tempo a súa figura medrará politicamente sobre todo agora
que vai a encabezar un equipo de traballo que pretende acadar á
alcaldía de Ribadeo.
Eu
poñeríalle dous “peros” á súa labor política durante estes
dous últimos anos (é algo que xa o teño falado moitas veces con el
e sabe que llo digo desde unha crítica construtiva); en primeiro
lugar, Suso López e Dani Vega deixáronse utilizar por Barreiro e
Balseiro para defenestrar definitivamente a Rodríguez Andina como
Presidente do Partido Popular de Ribadeo; foi un proceso
autoritario, nada democrático, que supuxo que por imposición do
Presidente e Secretario Xeral do Partido en Lugo, dun día para
outro, Suso López pasaba a ser Presidente dunha Xestora que se
facía cargo da agrupación local do Pp en Ribadeo. Visto o visto,
tratábase dunha folla de ruta que deseñada desde Lugo remataba esta
mesma semana co seu nomeamento como candidato á Alcaldía. Eu
defendo e defenderei que se puido chegar a este mesma situación,
dialogando con Andina, escoitando aos afiliados e simpatizantes do
partido en non entrando coma un “elefante en cacharrería”; nos
estatutos do Pp aparece a creación dunha xestora en casos que a
situación sexa caótica e se vexa a necesidade de actuar desde a
provincial. En Ribadeo, non se daba tal circunstancia e o mesmo
Andina, estaba disposto a dar paso a unha profunda renovación do
partido que se lle pedía desde as bases locais.
En
segundo lugar, tamén lle critico ( insisto en que desde un punto de
vista construtivo) ese xeito de levar o de “home de Partido” ata
as últimas consecuencias; en varias ocasións, defendeu posturas
oficiais que se poden interpretar como un antepoñer os intereses
partidistas aos veciñais. O exemplo máis evidente é a postura
adoptada co tema da Residencia de Maiores, sabendo que era o punto
máis importante do programa electoral co que acudimos ás eleccións
un equipo de traballo do que formaba parte, xa que o considerábamos
a necesidade máis importante que tiña Ribadeo. A postura da Xunta
con respecto a esta infraestrutura foi e, lamentablemente, segue a
ser errónea e polo tanto indefendible.
Quizás
ao ser a aposta do Pp provincial para reconquistar á Alcaldía, non
lle permitiu actuar como el desexaría; estou seguro, polo que
temos falado, de que está a favor de que Ribadeo conte cunha nova
Residencia de Maiores.
¿Propuxéronlle
formar parte da lista electoral que se está confeccionando?
Non
me propuxeron formar parte da lista para as próximas eleccións; de
tódolos xeitos, teño tomada a decisión de retirarme da política
municipal.
¿Cómo
chegou a ser Penabad o Presidente do Pp ribadense?
Creo
que na pregunta anterior dou a miña versión deste proceso,
insisto, imposto e nada democrático que deseñaron Barreiro e
Balseiro. Noutros concellos da Mariña, nas mesmas circunstancias,
foise dialogando e acadando acordos que propiciaron unha transición
xeracional tranquila e sen ningunha polémica.
¿Por
qué non acudiu vostede á presentación do candidato, nin ningún
“peso pesado” do Pp ribadense como Andina?
Eu
recibo unha chamada de Suso López Penabad o mesmo xoves ao medio día
onde me informa de que esa tarde acoden a Ribadeo Barreiro e Balseiro
para presentalo en rolda de prensa como candidato á Alcaldía de
Ribadeo; tamén me di que vai a falar co resto do grupo municipal
para informalos.
Eu
decido non acudir por dous motivos: En primeiro lugar non me parece
serio que, por exemplo en Viveiro, reúnan ou informen á executiva
local previamente a facer público o nome do candidato e en
Ribadeo non. Por outra banda, Barreiro e Balseiro podían ter a
deferencia de informar directamente ao Grupo Municipal.
Ao
mellor é que non tiñan interese en que asistíramos algún membros
do Grupo Municipal.
En
canto aos compañeiros concelleiros, creo que Campo Braña estivo
presente; Azucena González traballa na Coruña e por cuestión
laborais non lle foi posible estar presente. Manel Yañez tivo
traballo no IES Gamallo Fierros e unha reunión do Consello da Muller
no Concello e non lle foi posible asistir.
É
posible que si soubéramos o tema con máis antelación (non catro
horas antes da rolda de prensa), algún podería acudir.
De
Andina, non podo dicir nada pois descoñezo si foi avisado ou si
estaba en Ribadeo ese día.
Dito
todo isto, quero que quede claro (é Suso López sábeo por que o
teño falado con el) que espero e desexo o maior éxito posible no
intento de recuperar á Alcaldía de Ribadeo por parte do Pp`.
É
vox populi que existen desacordos internos no Pp ribadense. ¿Qué
hai de certo nesto?
A
ninguén se lle escapa que existen diferenzas entre o Grupo
Municipal e a Executiva local. Relendo as miñas anteriores
respostas é facilmente deducible que nalgúns temas (Residencia de
Maiores, Pavillón Polideportivo, o xeito de criticar o día a día,…)
si discrepamos. Critícasenos que non facemos oposición (lembro que
tamén se lle achacaba isto mesmo ao Grupo Municipal do mandato
anterior onde, por certo, Suso López era concelleiro), que estamos
“vendidos ao goberno”, ….. Desde un principio, decidimos
antepoñer os intereses veciñais aos partidistas, convencidos de
que sería o mellor para Ribadeo, o noso pobo, onde vivimos e polo
que algún, levamos loitando máis de 20 anos.
Na
relación entre Grupo Municipal e Executiva Local (da que eu mesmo
formo parte e acudo a tódalas reunións) tamén pesa o que teño
comentado nesta entrevista sobre o xeito de constituírse, primeiro
a Xestora e logo a propia Executiva.
En
canto á relación entre os membros do Grupo Municipal, penso que
non é mala, aínda que evidentemente mantemos diferenzas en temas
puntuais; non é a primeira vez, nin seguro será a última, que
nun pleno teñamos liberdade de voto (rompendo o que se coñece como
disciplina de partido).
Temos
repartidas desde o minuto un as áreas de traballo e así se pode
comprobar nas notas de prensa, defensas en pleno,…. Penso que é a
primeira vez que nos plenos e nos medios de comunicación falamos
todos os membros do Grupo Municipal e non so o portavoz.
Estou
seguro de que, cada un dos catro concelleiros populares, desexamos
o mellor para os ribadenses e defendemos os seus intereses do
mellor xeito posible. Da capacidade de traballo en política de Campo
Braña e Azucena González non me sorprendeu nada; son dous persoas
de partido, con experiencia sobrada na actividade pública e que
penso que aínda non escribiron a súa última páxina na política
local ribadense.
Quixera
salientar a labor de Manel Yañez; sen experiencia política e
mesmo desde a súa condición de independente (non afiliado ao Pp),
non sen esforzo pola súa parte, soubo adaptarse e ademais da súa
capacidade de traballo aportou “aire fresco” á hora de
afrontar temas que se nos foron dando ao longo do mandato.
¿Cómo
son as relación de vostede con Andina, Suso L. Penabad e Dani Vega?
De
Andina, que podo dicir. Eu sempre o considerei como un irmán. Tiven
a sorte de formar parte dun equipo de traballo capitaneado por el
que transformou Ribadeo. Parece que levan aí desde sempre, pero
nos 8 anos de goberno do Pp (1995-2003) fíxose un Auditorio,
Estación de Autobuses, Escola de Idiomas, aparcadoiro municipal,
novo Paseo Marítimo, 80 vivendas sociais, Casa da Ría, albergue de
peregrinos, levouse a traída de auga municipal a tódalas
parroquias, pavillón polideportivo, porto deportivo, …… Sen
minusvalorar o traballo de ningún dos alcaldes que tivo Ribadeo,
estou convencido que foi o mellor.
Lamentablemente,
a diferenza do acontecido noutros concellos da Mariña, o Pp
provincial non se portou con el como debería.
A
nivel persoal, sigo tendo unha moi boa relación con el; é un
tipo que merece moito a pena e que espero seguir conservando da súa
amizade moitos anos.
De
Suso López, creo que xa falei anteriormente.
Con
Dani Vega pásame o mesmo que con Suso nalgúns temas; esa
fidelidade inquebrantable á Barreiro e Balseiro, lévao a non
entender algunhas das posturas que eu, como portavoz municipal,
adopto na miña labor como concelleiro e discutimos bastante. De
tódolos xeitos, temos unha boa relación.
Dani
é unha persoa que “criamos” politicamente nós en Ribadeo e que
hoxe desenvolve unha actividade a nivel provincial; é moi
traballador e ás veces, a súa xuventude o traizoa no xeito de
formular as súas posturas políticas. Estou seguro de que co paso
dos anos, acougará e será un elemento moi activo do Pp en Lugo e
na provincia.
¿Cal
será o seu papel no Pp ribadense a partir de agora?
Ata
as vindeiras eleccións seguir traballando como concelleiro, Portavoz
Municipal e membro da Executiva Local . Depós das eleccións,
pasarei a ser un militante de base e tratarei de aportar o meu graíño
de area para que Ribadeo teña un Alcalde do Partido Popular. Levo
24 anos en primeira liña a nivel local e xa vai sendo hora de dar
paso a xente máis nova, en idade e con frescor de ideas.
Son
un profundo defensor da renovación xeracional, tanto a nivel local,
provincial, autonómica e nacional. Algúns compañeiros de partido
parece que naceron para ter un cargo e levan na vida pública máis
da metade da súa vida; este “sistema” impide que xente nova,
moi válida, teña a mínima posibilidade de mostrar a súa valía.
Deberíanse
de limitar temporalmente os cargos e, por suposto, unha persoa
nunca debería aglutinar varios.
¿Qué
destacaría da súa traxectoria política?
No
ano 1991 tiven a sorte, promovido pola “executiva local”
coordinada por Luisa Braña, de formar parte dun equipo de traballo
que foi incorporando persoas a unha lista que no 1995 acadaron á
Alcaldía e Ribadeo despois de 8 anos de goberno do BNG, despois de
pasar catro anos pola oposición traballando arreo.
Foron
momentos ilusionantes, onde unha mestura de xente con experiencia
política e outros que éramos novatos, logramos aglutinar as
diferentes sensibilidades que había dentro do Pp local, facer unha
fronte común e así o entenderon os ribadenses.
A
partir do 1995 e ata o 2003, contribuímos moi seriamente a facer
de Ribadeo o auténtico centro neurálxico nunha ampla comarca que
abarca parte da Mariña e do Occidente Asturiano.
A
nivel persoal, foron oito anos que como Tenente de Alcalde e,
fundamentalmente, desde o eido socio-cultural tratei de aportar o
meu graíño de area para lograr un Ribadeo Mellor. Indubidablemente
a construción dun Auditorio marcou un antes e un despois na política
cultural do concello; permitiunos programas actividades musicais,
teatrais,…, de primeira fila.
Alégrome
moito que Ribadeo continúe a ser o referente cultural que foi
sempre.
Recórdenos
a súa traxectoria profesional.
Licenciado
en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela
e Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
Fun
Profesor do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo desde o 1988 ata o 2001,
ano en que despois de aprobar unha oposición me incorporo como
Xerente da Fundación Comarcal A Mariña Central á sede de
Mondoñedo. Desde o 2011 traballo na Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural no edificio administrativo da Xunta de Galicia
en A Coruña.
Facendo
cábalas, ¿cómo cree que serán os resultados das vindeiras
eleccións municipais?
Dado
o aumento da corporación (ao parecer pasaremos de 13 a 17
concelleiros) e o número de listas electorais que se prevén,
vaticinar uns resultados é moi difícil, posiblemente máis que
ningunha vez.
O
que teño claro é que a xente está moi cansa de que tódolos días
aparezan casos de corrupción mentres a moitos cidadáns lles costa
chegar a fin de mes. Algo ten que cambiar, tanto a nivel interno dos
partidos como no propio sistema.
O
que está a pasar na actualidade, vai a marcar o devir político
do presente e do futuro.
A
nivel local, o goberno actual parte con vantaxe; a Residencia de
Maiores, o Pavillón Polideportivo, o PXOM,….., seguro que pesa
á hora de decidir o sentido do voto.
De
tódolos xeitos acadar unha maioría absoluta será moi difícil
Segundo
vostede, ¿cómo evolucionou Ribadeo?
Ribadeo
é na actualidade, a pesar dos efectos da crise, o centro de
servizos máis salientable da Mariña e do Occidente Asturiano.
Temos
un sector comercial moi competitivo, con locais de altísima
calidade, ao nivel dunha cidade.
O
sector hosteleiro (restaurantes, hoteis,….) mellorou o 300% e
hoxe en día Ribadeo é un referente.
Loxicamente
esta acádase coa comuñón do sector privado e lo público; Xunta,
Deputación e Concello axudan pero o protagonismo de sector
privado é fundamental.
¿Qué
lle falta a Ribadeo?
Despois
de ter en marcha a Residencia de Maiores e o PXOM, queda procurar
encher o Polígono Industrial de empresas; faise necesario, baixo o
meu punto de vista, un recinto municipal para desenvolver feiras e
encontros empresariais durante todo o ano. Ribadeo está situado moi
ben estratexicamente e moi ben comunicado.
Si
se dota ao polígono dun recinto feiral e un viveiro de empresas,
este sector recibiría un espaldarazo fundamental.
Na
zona rural, temos que apostar polo saneamento; é moi custoso,
pero tense que deseñar un plan a longo prazo que permita que nunha
década, o Concello enteiro conte con saneamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario