É de agradecer que por fin se amose na web do concello a convocatoria e orde do día do pleno de hoxe. Non podo asegurar que fora con moita antelación, pois foi onte cando me decatei e non sei se levaba moito tempo. O caso é que aquí está a convocatoria do pleno de hoxe, coincidente en parte no tempo con outra actividade política en Ribadeo, a asemblea da plataforma Ribadeo en Común:
Secretaría Xeral
Negociado.02
A todos os membros da Corporación Municipal dos Grupos
BNG,PP,UPRI e PSOE. e
Intervención municipal
Secretaría Xeral.
NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde
-
Presidente usando das atribucións que lle
confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta
data resolveu convocar ao Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa,
sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican:
PLENO ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA:
18 DE NOVEMBRO
de 2014.
HORA: 20,00 horas.
O que notifico a Vé. de orde do referido Sr.Alcalde para que concurra á sesión e, no caso de non poder asistir,
se excuse
xustificadamente coa anterioridade oportuna ante a Alcaldía, co fín de non incurrir nas sancións do art. 78
da Lei 7/1985, de 2 de abril. Espero da súa atención se sirva devolverme o duplicado da presente co seu recibín, para
constancia.
Ribadeo,
14 de novembro
de 2014.
O SECRETARIO EN FUNCIÓNS,
Asdo./ JOSÉ RODIL VEIGA
ORDE DO DIA
1.
-
Aprobación se procede da acta da sesión anterior Ordinaria de data 25 de setembro de 2014.
2
.
-
Modificación da Ordenanza reguladora do Servizo de Praza de Abastos, mercadiños e venda
ambulante no termo municipal de Ribadeo
3
.
-
Modificación da Ordenanza Fiscal T6 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con
elementos con finalidade lucrativa para o exercicio de 2014.
4
.
-
Refinanciamento de préstamos do Plan de pago a proveedores
5
.
-
Modificación de crédito 18/2014 por refinanciamento de operación de crédito FF.PP.
6
.
-
Depuración de saldos contables relativos ás contas de préstamos con entidades financieiras.
7
.
-
Convenio coa Xefatura de Tráfico de adhesión ao Convenio de colaboración entre o Organismo
Autónomo Xefatura Central de Tráfico e a FEMP para o intercambio de información e a mutua
colaboración administrativa.
8
.
-
Convenio básico bilateral entre a Xefatura Central de Tráfico e o Concello de Ribadeo polo que
formaliza a adhesión ao Convenio específico de colaboración entre o Organismo autónomo Xefatura
Central de Tráfico e FEMP en materia de seguridade viaria.
9
.
-
Modificación dos Estatutos da Mancomunidade da Mariña Lucense.
10.
-
Representante
municipal no Consello Escolar da E.O.I.
11.
-
Representante municipal no Consello Escolar do Centro Dionisio Gamallo
12.
-
Representante municipal no Consello Escolar do CEIP Gregorio Sanz.
13
.
-
Modificación da
Ordenanza reguladora do servizo de axuda
no fogar do Concello de Ribadeo
(adaptación ao Decreto 149/2013, de 5 de setembro).
14
.
-
Modificaciòn da Ordenanza do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda
no fogar no
Concello de Ribadeo (adaptación imperativa ao Decreto Autonómico 149/2013, de 5 de setembro)
15
.
-
Modificación da Ordenanza reguladora das Bases de acceso ás prestacións económicas para familias
do Concello de Ribadeo en situacións de emerxencia ou urxente necesidade.
16
.
-
Modificacion da Ordenanza reguladora das bases de acceso
ás prestacións económicas para faciltar o
acceso ás actividades dirixidas a menores, organizadas polas concellerías de Cultura, Educacion e
Igualdade e de Facenda, Meio Rural, Obras e Deportes pertencentes a familias do Concello de Ribadeo en
situacións e
conómicamente desfavorables.
17.
-
Modificación da Ordenanza fiscal T24 reguladora da taxa pola utilización ou reserva de espazos
públicos e inmobles de uso público no Concello de Ribadeo.
18.
-
Prórroga parcial do prazo de execución das obras de construcción do Centro de atención a maiores.
19
.
-
Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime
Local). Dación de conta de decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas
Ningún comentario:
Publicar un comentario