Orzamento, Liquidación do Orzamento e tramitación da Conta Xeral | |||||
---|---|---|---|---|---|
Data aprobación definitiva do Orzamento | 29/01/2013 | Data aprobación da liquidación do Orzamento | 17/03/2014 | ||
Data de formación da Conta Xeral | 07/07/2014 | Data de Informe da Comisión Especial de Contas | 15/07/2014 | ||
Data de inicio da exposición pública | 23/07/2014 | Data de presentación da Conta Xeral ao Pleno | 25/08/2014 | ||
Data de aprobación da Conta Xeral | 25/09/2014 | Data de envío da Conta Xeral | 03/10/2014 |
Iso serve para animarse a máis. E así podemos mergullarnos e ver que o importe pendente de cobro polo concello a 31 de decembro era de
1 453 388,87 €, fronte a un cobrado de 7 571 072,79 €; é dicir, cousa dun 16% do orzamento total. Algo así como que 'non só debe o concello, senón que tamén lle deben ó concello'.
Tamén podemos ollar outras curiosidades, como que non houbo incrementos netos de patrimonio (tampouco o ano anterior) ou que os gastos financieiros medraron (a lembrar as convulsións dos intereses o pasado 2013), quedando en 142 435,04 € no 2013 por 101 369,24 € no 2012. Ou lembrar as disucsións sobre o resultado do balance, co epígrafe 'resultado orzamentario' que aparece na web, que resulta ser 689 408,86 € para o exercicio, e unha volta 'axustado' coas desviacións, 874 245,71 €.
Ou, e xa non poñerei máis despois, a comparación entre acreedores a longo prazo e a curto prazo entre finais de 2013 e de 2012, respectivamente:
C. Acredores a Longo Prazo 2 377 273,65 € 2 032 066,65 €
D. Acredores a Curto Prazo 1 874 493,82 € 2 564 613,02€
(e, destas,
1. Débedas con Entidades de crédito -14 781,80 € 682 605,29€)
En fin, o certo é que quería destripala máis (algo que nos plenos sobre orzamento bótase en falta ó tempo que se comprende pola cantidade de datos e conceptos que abrangue) pero coido que ó tempo ía liala, polo que así se queda.
Pero na web ligada hai moitas máis cousas interesantes,, de Ribadeo, e fóra de Ribadeo... Naturalmente, que ninguén vaia procurar pagos concretos para ver, por exemplo, canto constou o mantemento dos camións do concello ou do ascensor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario