Agora mesmo, 7 e media da mañá do 25 de novembro, está a chover a cántaros en Ribadeo. Onte choveu, antonte choveu moito... Episodios de choiva dánse con certa frecuencia en calquera parte de Galicia. Mais a memoria é curta, e a percepción deste tipo de fenómenos leva a engano. Collín os tres episodios de chuvia máis chamativos do que vai de século nos datos da Granxa Pedro Murias para comparalos. Dun xeito uniforme, dous días con gráficas igualmente dimensionadas.
En 2006, o 2 de outubro, houbo unha verdadeira tromba de auga, recolléndose 136 L/m2 nun só día, con picos de máis de 8 L/m2 en dez minutos preto do anoitecer. Pode que haxa moita xente que xa non o lembre, e ademáis, a falta dalgunha infraestrutura daquela sen rematar fixo que os episodios provocados polas inundacións foran máis 'normales' nunha terra que aínda tiña que impregnarse de auga despois de estar seca antes (ver o gráfico)
No 2010 houbo unha riada histórica. É posible que os algo máis de 140 L/m2 caídos en dous días na Pedro Murias non correspondan co que caeu no val do río grande, pois variacións desas pasan. A riada levou por diante, por exemplo, a vella ponte de Arante. A máis dunha vida na Veiga e desastres en particular por todo o val do río Grande.
Este ano o montante total de auga caída nos dous días (agora xa vai caída máis, claro) é inferior ó dos dous casos anteriores, e aínda que a inclinación da curva vermella, a que indica a acumulación de auga caída pode equipararse nalgúns momentos á de 2010, a curva azul, a cantidade de auga caída de dez en dez minutos, vemos que é abondo inferior no seu máximo. Aquí xa, é a construción de infraestrutruras dun determinado xeito a que fixo posible inundacións nalgúns puntos das que si, agora mesmo temos recentes na retina.
Segundo os datos da Pedro Murias, os tres episodios están ordeados non só por datas, senón por importancia dos seus picos. Agora, quen teña memoria, que compare.
Ningún comentario:
Publicar un comentario