Nota
de prensa
20141111
Ciclo
de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación
social
Como
xa ven sendo tradicional, a AVV O Tesón ten programado para este
outono un novo ciclo de actividades. Neste caso, trátase de
documentais que serán presentados, visualizados e logo, discutidos.
O
ciclo, de asistencia gratuíta e que se desenvolverá os venres ás
oito da tarde no Salón de Actos da Casa do Mar a partir do 21 de
novembro, comezará co titulado “Dinero es deuda”, de 47 minutos
de duración. Ós asistentes pasaráselles un pequeno esquema que
servirá de base á presentación e de inicio para a posterior
discusión, sobre este documental que explica a diferenza entre
cartos e riqueza, e os mecanismos que son empregados para a confusión
entre ambos.
En
semanas seguintes, disporanse diversas temáticas relacionada, cos
documentais:
28
novembro
Los
amos del mundo, sobre o control do poder de decisión e a usurpación
do mesmo á xente
12
decembro
Homo
tóxicus, ligado á consideración de toxicidade do noso medio máis
inmediato
19
decembro
Documental
sobre a mina de Corcoesto, poñendo a mira na actual á que se
enfrontan os veciños lagos de Salave e o seu entorno.
Para
facilitar asistencia e participación, ningún dos documentais
previstos chega á hora de duración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario