20141220

Coincidencia

Xoves 18, 20:00, a AVV O Tesón proxectaba os últimos documentais do ciclo de outono. O tema, a minería do ouro, baseábase en dous documentais sobre a mina de Corcoesto, 'Rosa de Corcoesto' e 'Mina de Corcoesto. Manipulación informativa'. Pero a visión estaba máis preto: a mina de ouro prevista en Salave, Tapia.
O xoves, presentación, documentais e un posterior xugoso intercambio de datos, razóns e opinións entre os asistentes deixaron un bo sabor de boca do conxunto de documentais. Venres, Asturgold, a última denominación/empresa que pretendía abrir a mina en Tapia, recibía o non definitivo do Principado. Algunha cousa a xustar: no medio da loita, promovéronse dez mil solicitudes de traballo e ata se chegou a cambiar o alcalde de Tapia baixo a presión da empresa. Ou fixéronse cousas tan pintorescas como ilegais como aprobar un impacto parcialmente (o que evitaba a empresa ter que comezar de novo o estudo, ganando tempo e cartos). Agora, a nova ligada antes está en inglés, pero non se pretenda a súa procura en castelán na web onde hai abundante información propagandística nesa lingua. En canto ó Principado, a pesar de toda a tramitación documental de empresa e ecoloxistas, o que dispón na web é máis ben escaso, sobre decisións anteriores secundarias, notas de prensa de xustificación (estradas aquí) e sen o soporte documental. A nova de de denegación da mina polo impacto ambiental non está presente agora mesmo por ningures.
A continuación, algún pequeno detalle. Por exemplo, os manexos políticos fixeron que a empresa, Asturgold, puidera chegar moi lonxe e gastar cartos. Alguén se imaxina que non os reclamará? (a lembrar que é unha mepresa privada, que pretende ganar cartos, e cando os perde, procurar xeitos de non perdelos, como por exemplo, socializalos entre os cidadáns-súbditos dos políticos nos que andivo en tratos) Fala de 20 millóns de dólares. É dicir, uns 16 € por asturiano... xa veremos o que pasa.
Polo momento, celebracións e condolencias. Rematou? Non: a reclamación de cartos penderá polo momento sobre o tema, e, se o ouro sube, hai que contar cun novo proxecto, quizáis con outra empresa fachada como impulsora.
Algunhas cousas anteriores sobre a mina de ouro de Salave/Tapia:
http://ribadeando.blogspot.com/2006/04/non-mina-o-cheiro-de-ribadeo.html
http://ribadeando.blogspot.com/2008/11/especialistas-matapiollos.html
http://ribadeando.blogspot.com/2010/04/e-van-tres-propietarios-en-5-anos.html
http://ribadeando.blogspot.com/2010/10/tapia-y-la-comarca-no-son-lugares-de.html
http://ribadeando.blogspot.com/2011/06/recomezo.html
http://ribadeando.blogspot.com/2011/12/mina.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2010/02/novos-tempos-vellos-temas.html
http://ribadeando.blogspot.com/2012/03/asturgold-e-os-postod-de-traballo.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/05/artigo-de-evaristo-lombardero-sobre.html
http://ribadeando.blogspot.com/2012/11/a-plataforma-oro-no-fai-publico-o.html
http://ribadeando.blogspot.com/2012/11/a-quimera-do-ouro.html
http://ribadeando.blogspot.com/2013/06/non-e-ouro-todo-o-que-reloce.html
http://ribadeando.blogspot.com/2011/12/voltas-cun-dos-xacementos-de-ouro-mais.html
http://ribadeando.blogspot.com/2014/08/pensamentos-lixeiros-para-agosto-o.html


Ningún comentario: