Despois de telo lido na Comarca, pedino para publicar, e aquí está:
O concello
de Ribadeo anuncia , fai aproximadamente un mes , a través do
Alcalde , o arranxo dunha serie de camiños nas parroquias, a
executar en dúas fases. Na primeira, por un importe de 134 000
euros, para gastar antes de que finalice este ano 2014 e a segunda,
por importe de 107 000 euros para invertir antes de finais de abril
do 2015.
Ditas
obras son moi necesarias para mellorar un pouco os distintos camiños
do concello; pero o que sí non é acertado son as épocas de facer
os asfaltados. En pleno outono-inverno a primeira fase, e principio
da primaveira na segunda fase. Entendo que non é a época máis
adecuada, para que os traballos queden ben feitos. Son precisamente
as estacións máis chuviosas, e o mesmo tempo as temperaturas baixas
O
calendario que anuncia o Alcade para a primeira fase, que recordamos
ían do 15 de outubro ata o 30 de novembro, xa está transcurrido.
Que eu coñeza ainda non se empezaron os traballos. Tampouco se
poideron facer pola climatoloxia
É
precisamente a climatoloxia, a que deberia marcar o calendario das
inversions públicas , especialmente en asfaltados Este tipo de
obras ainas que presupostar e asinar as empresas que as vaian a
facer , no inverno (e dicir, a principios de ano) e executalas no
verán, e non agora contra reloxio e facendo as cousas mal. Non se
poden gastar 241 000 euros alegremente, sabendo xa de antemán que
as cousas non van a quedar ben.Ainda que pare de chover unhos dias, a
humidade está no chan, por capilaridade sube, se queda debaixo do
asfalto recien aplicado, e este se levanta. Ë como pintar unha
fachada ou unha terraza cando estiveran molladas. ¿ Farian isto na
súa vivenda, ou llo deixarian facer a un mal profesional?. Que cada
un saque as súas consecuencias.
Entendo
perfectamente, o lentos que son os tramites administrativos para
adxudicar as obras: conseguir o diñeiro, intervención, secretario,
aprobación, etc. Para eso hai que empezar a tempo. O presuposto
deste ano (134 000 euros) vai ser imposible executalo. A mellor
solución seria pasolo para o ano 2015. Co que choveu este pasado fin
de semana (máis de 100 litros en tan só dous dias) non
permitirá facer ningún tipo de asfalto. Se se fixera , seria unha
irresponsabilidade
Desgraciadamente non se aprende duns anos para outros. E moitos xa
levades varios anos , varias lexislaturas no concello. Pasa esto, con
todolos partidos e con casi todalas “Aministracións ”.
Vexamos: A conselleira de Medio rural, da Xunta de Galicia, e o
Presidente da Deputación de Lugo, firman un convenio para invertir
casi 7 millóns de euros para 2 anos. A metade (3,5 millóns) este
ano 2014, e a outra metade no 2015, para gastar en infraestruturas
rurais nos concellos da provincia de Lugo. Como podemos deducir desa
información, os erros se repiten.¿ Como se espera a firmar un
acordo tan importante e tan elevado económicamente, a finais de ano?
.E dicir, que a metade se quere executar este ano. Ou se pasa todo
para o 2015, e se olvidan de que é ano electoral, ou será un
diñeiro moi mal xestionado. Claro, é noso, de óodolos cidadáns ,
e non co seu diñeiro.
Quero
aproveitar para comunicarlle o alcalde, que nas obras que nos
corresponda na parroquia de Vilausende, non queremos ver na mesma a
empresa do Chispa, para ningun tipo de obra, como así o decidimos na
asociación de veciños. Tres obras que realizou para o concello na
parroquia , foron un auténtico fracaso. Non queremos que se repita.
1 comentario:
So lle faltou o autor do traballo que para arranxar unha carretra é prioritario limpar primeiro as cunetas. Algo que non se fixo no arranxo da estrada ao faro, co que non tardará tres meses en voltar os buratos xa que auga segue a correr pola estrada.
Publicar un comentario