20150224

O xogo do despiste

Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo.

Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado. Iso deu lugar a unha resposta contundente do concello na que aínda que mencionaba daquela maneira o feito, este quedaba arrinconado.
Pouco antes xurdiu a nota de prensa do concello sobre o amaño do asilo. Tamén quedaba claro, pero non demasiado contemplado, que os cartos proviñan da doación de Manuela Alonso Amor, mentres se eludía que nun mantemento normal, os cartos doados terían que ser extras, cubrindo o concello a parte fundamental de mantemento. Na rede houbo quen se fixo eco e recollino para o blog.
Agora a foto do alcalde sae na entrega de premios do antroido. Lóxico, non? O alcalde ten que saír na foto, é tradición. Tamén sae a nova, sen foto do alcalde esta volta, do amaño do parque infantil. Que ben! É o aviso de que comezará o amaño. Cando? O próximo mes. E durará dous meses, máis ou menos. Vale, rematarase a tempo para comezar a usalo e ver as súas bondades antes das eleccións.
Non ter por que ser malo un bo amaño, ou unha foto
Por certo, será este parte do orzamento 'extra' liberado para os concellos por ser ano electoral? Non, parece que non.

Ningún comentario: