Voltando pois ó tema, é algo diferente unha 'cidade intelixente' da 'intelixencia cidadá'. O segundo caso comprende tamén o primeiro, con toda a cacharrada necesaria, pero non se queda aí, porque para que unha cidade funcione necesita aproveitar non só a tecnoloxía, senón ós seus cidadáns, que se benefician á súa vez dese proveito que a entidade cidadá fai deles, de nós. E, mentras non haxa un bo entendemento e sinerxia entre os cidadáns e a 'imaxe' da cidade, non imos por bo camiño, aínda que teñamos tecnoloxía aplicada e propaganda (a segunda máis doado de obter que a primeira). Preparémonos pois para a participación na nosa vila se queremos aspirar a un futuro mellor.
--
Unha nota: xa sei que Ribadeo non é Madrid ou Barcelona, e o primeiro artigo citado, así como a grande maioría de citas que puiden atopar, refírense a grandes cidades. Pero iso non quere dicir que as grandes teñan que ser máis intelixentes!
-
Posterior, a conto:https://www.diagonalperiodico.net/global/25633-algo-va-mal-con-smart-cities.html
ou
http://www.eldiario.es/catalunya/pistaurbana/Inteligencia-urbana_6_354924506.html
1 comentario:
Algo posterior: https://www.diagonalperiodico.net/global/25633-algo-va-mal-con-smart-cities.html
Publicar un comentario