Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade.
1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana.Ribadeo, Dende Castropol, ten unha boa vista. Quizáis non tan boa como ó revés, pero gústame. Cando vin a bandeira republicana no chan sorrín e pasáronme varios pensamentos pola cabeza. Ribadeo, por riba da república, ou máis ben, a república é a que pode manter Ribadeo? Entre outros. De calquera xeito, república asociada a Ribadeo.
2.Barra de bar ou chinatown?
Nin o un nin o outro, e ambos. Ao menos, durante o antroido, chinatown de pacotilla. O de barra de bar, moito máis dilatado no tempo. O significado a atribuír, moito en función da hora do día (ou da noite)
3.Ti, dous euros diarios. Túa filla, tamén.
Non é foto de Ribadeo, pero si tomada en Ribadeo dunha nova de xornal recente. Si, tomada no antroido. Pero non ten nada de antroido. Por certo, a maiores, ti tamén pos pola parte de quen non paga, que os hai.
Bo día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario