20150303

Algunha pincelada sobre a chuvia

Un día máis, chove antes de amencer. Decido recoller a folla de cálculo sobre a choiva e actualizala. Canso xa da imaxe de chuvia, lévome unha sorpresa: este inverno é certo que está a chover, pero nada excepcional. Este cansanzo é algo cíclico.
Como se pode ver na táboa supra, os meses que levamos de outono-inverno non foron nada raro, exceptuando novembro, que marcou un fito en Ribadeo con 330 litros caídos cada metro cadrado.
O ano 2015, o transcorrido do ano, vai por unha media dos anos do século en canto a chuvia. E o ano pasado, 2014, se ben escalou postos no último trimestre, quédase no cuarto posto en canto a chuvia caída no ano en Ribadeo, con datos deste século.
O ano aínda deparará sorpresas. Fixo.

Ningún comentario: