20150307

Maximizando a ineficiencia. Só?

Unha nova atraínte: as probas fanse un lugar e os resultados, viaxan en taxi a outro. Nada de internet, ou dunha distribución máis racional de lugares onde facer probas, ou outras lerias. A nova ten un titular, 'El Sergas reconoce que envía en taxi biopsias del Hospital da Costa al de Monforte, que estas cousas hai que publicalas en castelán. As protestas veñen en galego, e nestes días a plataforma de defensa da sanidade na Mariña anda a tope:
 Claro que non é só, nin moito menos, por isto:
Senón por outras moitas cousas:
Táboa reivindicativa comarcalNon ao desmantelamento e abandono da Atención primaria: amortización de prazas médicas e outras categorías profesionais, recortes en materiais, falta de cobertura das ausencias e falla de pediatras.
Non ás listas de agarda tanto na Atención Especializada como na Atención Primaria.
Non á derivación de pacientes a Lugo para probas diagnósticas e cirúrxias á medicina privada, especialmente nas especialidades de Traumatoloxía e Oftamoloxía.
Non á creación de servizos “pantalla” en precario, para acalar unha maioría social crítica co modelo de Xestión Integrada como a unidade de Hospitalización a Domicilio e o Hospital de Día de Oncoloxía que ao mesmo tempo non van acompañados de melloras en servizos implicados na súa posta en marcha como Laboratorio, Anatomía Patolóxica e Farmacia. Creación de novas prazas de persoal sanitario e non sanitario.
Non ao descabezamento da Xerencia Executiva do Hospital da Costa, en maio de 2013, a Dirección Médica e en febreiro de 2015 o Xerente, por serias discrepancias coa EOXI de Lugo-Cervo-Monforte e a imposibilidade de tomar decisións en recursos humanos, materiais, obras e infraestruturas ( a día de hoxe o centro mariñao queda descabezado e sen Xerente) Derrogación do Decreto de Xestión Integrada con centro de decisión en Lugo.
Creación dunha Área de Xestión Integrada propia de A Mariña con orzamentos propios e con plenas competencias en Atención Primaria e Especializada
Táboa reivindicativa xeral
Non aos recortes no gasto sanitario público do 12% (460 millóns de euros)
Non á redución de 2.094 traballadores sanitarios
Non ao peche de máis de 275 camas hospitalarias
Non ao abandono e marxinación da Atención Primaria
Non á privatización de hospitais e concertacións escandalosas coa medicina privada
Non á privatización de servizos estratéxicos: Historia clínica electrónica; Receita electrónica; Sistema de Citas Call Center; Teléfono Informativo “012”; protección radiolóxica; esterilización do instrumental; loxística do sistema; mantemento dos equipos sanitarios; limpeza e enerxía; catering dos hospitais; compra de equipamento tecnolóxico; hemodiálise; etc.
Non á entrega da investigación sanitaria e formación do personal ás multinacionais
Non á privatización do Laboratorio Central de Galiza
Non ao peche dos recursos dirixidos a colectivos de risco: Planeamento Familiar, Drogodependencias, inmigrantes, dependentes, etc.
Non ao desmantelamento das Áreas Sanitarias: Burela, O Barco, Monforte, o Salnés, Barbanza...
Non á privatización dá Xestión dos Procesos Asistenciais e fragmentación dos hospitais e centros de saúde creando Unidades de Xestión Clinica
DICIMOS SI A UNHA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, UNIVERSAL E DE CALIDADE.

Ningún comentario: