Hoxe hai colgado na web do concello unha nova nova:
Novos pasos elevados. Na r/Virxe do Camiño, r/Alza e no camiño da Palmeira haberá novos impedimentos á velocidade. Non sei se algunha vez se multou a alguén nalgún dos tres lugares por exceso de velocidade, pero van a constuírse para dificultala (e de paso, tamén dificultar o mantemento dos coches, entre outras cousas). En canto á pedagoxía, non lembro que se teña feito en Ribadeo. O que si parece é que se fai por prevención: "o día menos pensado podíamos ter algún accidente ou atropelo", di o alcalde.
Hai pasos elevados con pendentes e/ou desniveis grandes, non adaptados á normativa e houbo queixas por eles, pero 'non me consta' de que nalgún caso se solucionara, aínda que os sucesivos parece que vanse construíndo con máis xeito. Tamén houbo queixas pola concentración de pasos no Paseo Daniel Rodríguez Castelao, onde preto do ascensor hai dous a pouco metros un do outro (40 m), feito o último despois de construír varios polas carreiras de motos, dicían (non sei se daquela se chegou a poñer algunha multa, pero sei que non se fixo tampouco pedagoxía para tratar o tema). Neste paseo, 5 pasos para unha lonxitude de 720 m (ou sexa, un por cada 140 m), parecen cando mínimo, esaxerados.
|
Na imaxe do Sigpac vense claramente as marcas de dous pasos elevados no Paseo Daniel Rodríguez Castelao, un diante do ascensor e outro a 40 m del cara ó noroeste. |
A elección de sistema está feita, aínda que non dita de xeito explícito: Non á pedagoxía de todos nin ó castigo dos infractores, si á restrición a todos os que usemos as rúas. Ó fin, cada persoa é un neno, e costa traballo ensinar, e todos somos iguais, porque todos podemos ser infractores... deben pensar dende a alcaldía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario