Dime o meu amigo: habería que sacar unha nota (...) sobre as tres obras dos 2 meses. Que son: rúa Ramón González, residencia de día de maiores e parque infantil. Contratadas nun mes e executadas en dous meses. Que casualidade que se pretende rematalas en maio! Obras contra reloxo en período electoral non teñen case nunca un bo resultado final.
Queda en verso, pero iso non quita que sexa verdade... Ben, en realidade, de algo diso xa falei hai pouco no blog: http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/estaran-tempo.html ou http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/04/listo-para-semana-santa.html., o que non quita con que as verbas e fotos do meu amigo complemente o xa dito e presenten novidades.
Non estou en contra de que os rapaces teñan onde xogar e pasalo ben, en
sitio cómodo e seguro, pero diso a romper todo o existente, en período
de crise económica, onde habería que pensar en reciclar e restaurar
para gastar menos -e seguro que non quedaría peor- ...
O aproveitamento dos bens comúns é algo que debe ser inculcado, e non se está a facer; máis ben estase a inclulcar como apropiarse dos bens comúns...
O espazo en m2 non
aumenta: no caso do parque, sinxelamente se rompe e se volta a facer. Van
ser os pequenos máis felices ca obra vella destruída e estrear unha
nova? Non lles estaremos dando un mal exemplo, e pensarán: se rompemos
isto xa nos porán outra nova?
Penso que o exemplo non éalgo no que se pense...
Fai 6 anos este mesmo cor de goberno xa
gastara un montón de euros no mesmo parque. Agora se van investir sobre
130 000 euros. Durará algo máis de 6 anos?
Esperemos.
Outra
cousa. Por que non figura nas obras promovidas neste caso polo
concello, cartel anunciador onde figure a empresa construtora, o nome
da obra, o presuposto, data de inicio e data de remate e o director desa
obra... Isto é obrigatorio, así como a empresa encargada da seguridade.
Que exemplo da o concello, para logo esixilo as promotoras de obras
particulares? (...) Penso que as cousas se poderían
facer mellor. Máis aínda con xente que xa leva 16 anos no concello.
Eu tamén penso que se poderían facer mellor. Implicándonos todos e deixando que nos impliquemos, promovendo a participación. Entre todos, podemos ser mellores que o mellor de entre nós. E todos saeríamos beneficiados. Pero... polo momento non é o que se acostuma, 'o xeito de facelo'.
--
Nota posterior: A primeira foto e algunha cousa máis foi copiada na edición do venres 10 de abril de 2015 na sección A Mariña de El Progreso
Nota posterior: A primeira foto e algunha cousa máis foi copiada na edición do venres 10 de abril de 2015 na sección A Mariña de El Progreso
Ningún comentario:
Publicar un comentario