AVV
O Tesón
Nota
de prensa
Ciclo
visións do medio ambiente
Onte
sábado tivo lugar a segunda actividade do ciclo da AVV O Tesón "Visións
do medio ambiente dende Ribadeo", a conferencia de Óscar Chao
Penabad “Máis aló das Catedrais: biodiversidade en Ribadeo e
arredores”.
Comezou
facendo unha descrición xeral en torno ós piares conservacionistas,
para pasar rápido ó enfoque de Ribadeo. Rápido porque facía falta
o tempo: salientou que era unha selección, pero aínda así deu un
repaso por máis de duascentas especies de plantas, animais mariños,
terrestres e aves que se poden ver na nosa contorna, distinguindo
algunha característica ou curiosidade delas, as especies invasoras,
especies protexidas, a súa relación co hábitat... Das anduriñas e
a súa baixada en número ó uso pola natureza na nova lagoa en zona
protexidam deixada pola tentativa dunha piscifactoría en Meirengos,
a visión do medio ambiente de Ribadeo, o seu estado de conservación,
as posibilidades de coidado e mesmo o seu aproveitamento como recurso
económico, foron tratados ben co fondo das diapositivas expostas,
ben na charla posterior.
Como
resultado, e dada a súa relación con Ribadeo, é posible unha
futura colaboración entre Óscar e O Tesón para sacar adiante
algunha obra sobre o tema.
A
próxima semana, o venres 24, terá lugar a terceira e última
actividade deste ciclo, a conferencia de Mark Adkinson sobre “A
pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles”.
Achégase
un estracto do currículum de Mark Adkinson:
Nado
en 1952 na Gran Bretaña, estudou manexo porcino en centros
universitarios de Nottingham e Norfolk. No 1972 chega a España para
traballar en Huesca, e tres anos máis tarde, a Galicia, agora
levando as granxas de selección do Grupo Conagra (Saprogal). Pasa
despois á delegación en Galicia da británica PIC. Nesta época
traballa tamén como consultor internacional.
No
1996 monta en Francia o centro mundial de selección xenética da
empresa PIC. Dous anos despois volve a Galicia para traballar na
empresa familiar. Cinco anos máis tarde, problemas de saúde lévano
dar un xiro na súa actividade, montando unha páxina web coa venda
de casas rústicas.
Ten
un longo historial relacionado co medio ambiente: comezou hai 35
anos, presentando as dúas primeiras denuncias por delito ecolóxico
en Galicia, o que fixo en solitario.
Ó
ver a impotencia da loita legal en solitario, agrupouse na Asociación
Galega de Pesca Fluvial, na que foi Vicepresidente, colaborando cona
Xunta de Galicia na escritura da actual lei de pesca fluvial,
aprobada no Parlamento Galego o 27/7/1992.
Desde
hai 34 años tamén milita en AEMS Ríos con Vida (premio Nacional de
Medioambiente 1998), sendo presidente da sección galega. Neste
posto, realizou a Denuncia Penal polo cierre da Fervenza de Ézaro en
Dumbría, que, sen aínda ter chegado a xuízo, fixo que en tres
semanas estivera abierta ó público a maior atracción turística da
Costa da Morte. A Endesa, Fenosa y Iberdrola por incumprimento da lei
de pesca fluvial de 1992, con resultas dun prazo de 6 meses para
acatar os caudales ecolóxicos (con caso omiso polo momento). Á
empresa Tres Mares, por ter cortado totalmente o río Castro usando
todo o caudal para a piscifactoría, entubando dous regatos máis
directamente á piscifactoría, durante 30 anos. Ó Concello de A
Coruña e a Aguas de La Coruña pola construcción da Presa de
Cecebre sen escala de salmónidos, etc.
As
accións, razoadas, están logrando novas zonas de pesca sen morte,
mellorando os ríos nos tramos próximos.
Ademais,
Ríos con Vida está colaborando no plan Life de recuperación do
mexilón de río Margeritifus e a recuperación do topillo de rio na
cunca do Ulla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario