Resulta curiosa a evolución do tema de As Catedrais. Curioso non polas catedrais en si, que ó final resulta ser un tema lateral para a súa desgraza, senón polo tratamento dos políticos. Despois dun momento inicial onde o bando do alcalde arrasaba aínda poñéndose de manifesto as mala formas, e a Xunta parecía que replegaba as súas forzas mostrándose disposta a falar, falar e falar, comezou o contraataque polos xornais e unha serie de xuntanzas que diría de pacotilla. A cousa variou en importancia a partires do inesperado cambio na Deputación, que illou políticamente o bando da alcaldía, tentando contrarrestar cunha xuntanza de alcaldes da zona, dando a situación non moito menos rocambolesca que a protagonizada poucos días despois polas forzas xunteiras ó explicar o plan á xente do PP. O último capítulo folletinesco,
unha enquisa a pé de praia da Consellería do Medio Ambiente o mércores 24 de xuño preguntando 'considera oportuno que se limite o acceso?' A resposta, segundo eles, 57% de si, 36,9% de non, non pronunciándose o resto. Ademais incluíase a pregunta de se tiñan información sobre a limitación de acceso o 1 de xullo, respostando o 64% que si. O resultado emprégao a Consellería como mostra de que a xente está informada e apoia a súa vía.
|
Portada da Web da Xunta para ober o pase cara ás Catedrais. |
Claro que por algún lugar aparece que dende ese mesmo día había guías do servizo de Conservación da Natureza informando alí mesmo sobre o sistema de regulación de visitas, así como de outras posibilidades de visitas próximas (é dicir, facendo a función de orientadores turísticos; non aparece na nova que promoven, aínda que pode ser unha pista o
documento que a Xunta sacou á luz sobre A Mariña a semana pasada, contestado en zonas por varias faltas observadas), horarios de pleamar y baixamar, 'e os valores do medio que permitiron declarar As Catedrais Monumento Natural'. Ou sexa, pódese dicir que estaban informado e logo preguntando se se sabían a lección...
As mesmas notas de prensaúsanse para seguir a promover a páxina
https://ascatedrais.xunta.es/ de cara a pasado mañá, mércores 1 de xullo, cando entra en vigor o tema dos pases...
E continuará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario