Onte fixen un par de actualizacións, 'Notas posteriores' na entrada de datos sobre o hotel da Illa Pancha. Son sobre a superficie útil e a intervención na illa. Complemento o dato coa ligazón ó "Proxecto de rehabilitación del Faro de Illa Pancha, en Ribadeo, para uso lúdico", realizado por Nuria Díaz López como traballo de fin de grao na UDC no 2014. O segundo tomo é o máis 'ameno', xa que presenta os planos propostos. Na páxina referida tamén aparecen as condicións de uso dos documentos.
Complemento con algunha foto tomada dende o templete hai un par de días e un plano de OpenStreetMap, dúas ligazóns máis a lugares Facebook, Faro de Illa Pancha e Faro Isla Pancha, ambas en plan turístico, e a anotación dun artigo de El País, "La reconversión hotelera de los faros", publicada na súa sección de economía o día 25 de abril, na que aparece o asentemento do alcalde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario