20150609

Pretensións de futuro do PP en Ribadeo

Vexo hoxe no xornal que o PP ribadense está totalmente renovado e que afronta a nova época cun liderazgo forte e totalmente unido, despois de perder case 500 votos: xa non volverá a pasar que grupo municipal e partido teñan nalgúns temas opinións diferentes. Sigo lendo que é unha pretensión do 'líder' actual, Suso López Penabad, e que se renovará a executiva para dar entrada ós novos edís, 'cumprindo co dereito que lles ampara'.
Isto vai ser curto, pois son reflexións sobre algo que me resulta alleo, pero...
Dise que o partido está totalmente renovado. Variaron os afiliados? Porque o partido, fundamentalmente, serán os afiliados, non?
Pode resultar un liderazgo forte dunha perda de 500 votos despois de ocupar a a posición de saída para o concello dende hai tempo? Claro que os liderazgos fortes tamén poden ser exercidos sobre un grupo mínimo. Algo parello pode dicirse sobre o de 'totalmente unido'.
É malo que grupo municipal e partido teñan algunhas opinións diferentes? Non salvaría votos, neste caso, algunhas opinións que mantivo parte do grupo municipal en contra do partido? E, non pode ser boa para Ribadeo esa diferencia? Ou estamos nun dos típicos casos nos que aplicar unha sentenza do tipo 'o que é bo para o partido é bo para Ribadeo?
Os edís teñen dereito de estar na directiva do partido? Dito doutro xeito, é un 'partido vertical'?
En fin, cousas que se me ocorren a partires dunha nota no xornal. Posiblemente, as cousas sucedan doutro xeito.

Ningún comentario: