O éxito de xente e negocio do Ribadeo indiano estivo á vista. Por se quedaran dúbidas, a ineludible nota do concello gabándose do feito pon números, que estimo mesmo se poden quedar curtos en canto a impacto económico, calculado a razón de pouco máis de 100 €/persoa: 25 000 persoas, 3 000 000 euros de impacto. Felicitémonos todos. Non só foi máis impactante que o pasado ano, senón que se espera que vaia máis.
Pero claro, as moedas soen ter cara e cruz, por moito que ás veces, con eso de que vemos unha soa parte, a cruz pareza inexistente. Tres fotos dun tramo de rúa, de onte pero que poderían ser tomadas hoxe mesmo martes á mañá, manifestan algo desa cruz, acompañada de mexos en lugares como portas de garaxe, vasos ou botellas rotas pola rúa, berros a media noite ou música alta a deshora. Quizais é que cando se está na festa e se vai descansar a outro lugar non se ten conta destas cousas... pero isto tamén reflicte o impacto do Ribadeo Indiano.
1 comentario:
A limpeza é importante... http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2015-07-14/la-terrible-razon-por-la-que-debes-descalzarte-siempre-al-entrar-en-casa_925931/
Publicar un comentario