20151008

A nova chegou doutro xeito...

A traverso das redes sociais chego a unha nova xa vella, de hai 20 días: o Principado terá que incoar expediente a Asturgold pola xestión realizada nos lagos de Salave.
Imaxe de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ouro
Pero o caso é que non lembro así a nova redactada na prensa no seu momento. Cando se deu a nova, incidu en que a xustiza dera un pao a Asturgold, rematando as súas posibilidades de desenvolver a mina de Tapia, pero non resultaba da nova, ao menos nos medios que consultei, que o Principado tería que abrir expediente  e tramitar sanción, calquera que esta chegue a ser (se chega, claro, que os trámites os fai a mesma administración que ía dando adiante o tema).
Despois do paréntese, pode parecer que é o mesmo, pero non: non é só a negación de permiso, senón o dicirlle á administración que actuou mal e obrigala a rectificar, aínda que só sexa en forma, respecto ó anteriormente feito. Asemade, xunto con algunha outra sentencia, vai tomando corpo que os conceptos de sostenibilidade e responsabilidade en minería o mesmo que noutras moitas industrias no deixan de ser un mero instrumento de mercadotecnia corporativa: se hai industrias nos que a pesares da presión dos beneficios ditos conceptos teñen carta de validez, son a excepción, vense a dicir...

Ningún comentario: