Pablo Mosquera Mata escribiu o seguinte artigo, publicado en diferentes medios:
"O Tesón en Sargadelos
La
sociedad civil necesita del sustrato cultural para saber de dónde viene
y refrendar sus derechos fundamentales y sociales como espacio del
ejercicio real de la ciudadanía, máxime si alumbran tentaciones
perversas para imponer conductas indecentes como algo natural.
Hay muchas frases de rabiosa actualidad. Me quedo con la que pronunció
el Cardenal Bergoglio, Jesuita Argentino, hoy Papa Francisco: "A la
gente la empobrecen para que luego vote por quienes los hundieron en la
pobreza". Ya sé que hoy la pobreza es hambre, pero no por ello es menos
grave la pobreza del conocimiento para decidir como seres humanos dignos
y libres.
No Museo do Mar |
O
Tesón nos honró con su presencia e interés por el patrimonio histórico
de nuestro Concello de Cervo, cuyo corazón latente es Sargadelos, tanto
la aventura de Ibáñez, como el sueño de Seoane e Isaac. Fuimos
sorprendidos con el conocimiento de Manuel Miranda, Presidente de Mariña
Patrimonio, que desde La Atalaya con Os Farillóns como testigos, nos
ilustró sobre la importancia del Castro y sus relaciones por mar, con
otros pueblos que fueron forjando nuestra cultura.
A
mis amigos de Ribadeo, les preocupa y les ocupa el conocimiento,
defensa y divulgación de nuestra identidad como viejo pueblo. Les gusta
vivir como gallegos y en gallego. Tienen un sueño que compartimos. Hacer
de la cultura una inversión productiva, frente a la zafiedad y el
egoísmo. La cultura nos identifica y nos da herramientas para ejercer la
libertad.
Como sucedió en Sargadelos, habrá que pelear por el espacio de la Ilustración."
E, a nota de prensa de O Tesón sobre o conxunto da viaxe:
"Nota de prensa
20151012
O
pasado sábado 10 de outubro tivo lugar a viaxe veciñal da AVV O Tesón.
Este 2005, aproveitando a hospitalidade de Mariña Patrimonio da man de
Manuel Miranda, e dos Aventados, por Pablo Mosquera, o paseo de desfrute
e coñecemento dos nosos veciños foi por terras mariñáns, dende Burela a
San Cibrao, rematando en Sargadelos.A unión da rasa cantábrica coas terras de granito que constitúen o manto da maioría de Galicia foi visitado en terreos do porto de Burela como inicio da viaxe, guiados por Manuel Miranda.
Foi despois a quenda do castro de Burela, xunto coas formacións que aínda o distinguen, tras moitos séculos de ser abandoado, dando testemuña un pasado que é de todos.
Chegando a S. Cibrao, a visita ó Museo do Mar deu lugar a unha profunda ilustración histórica de Pablo Mosquera. Algo que, se ben tratou de San Cibrao, a súa historia e a captura das baleas, ben poidera ser levado a outras partes de Galicia, ou sinxelamente, á súa historia. Despois, a visita á Atalaia, a máis de ollar os Farallóns e os restos dun castro maltratado ata que foi defendido, propiciou que algún dos participantes fora incluído na gravación da lectura do Quijote na que están inmersos Os Aventados.
O descanso que supuxo a hora de comer tamén acompañou o desfrute propio e da compañia con información e discusión sobre presente, funcionamento e futuro das sociedades que estabamos presentes, Aventados, Mariña Patrimonio e O Tesón.
Para finalizar, fumos titorados nunha visita ó entorno de Sargadelos e as súas instalacións, despedíndonos así nun centro de cultura e industria que forma parte da historia de Galicia.
Un ano máis, quen foi, volveu con un día desfrutado e aproveitado en coñecer a nosa terra e trabar relacións con xente que a sinte con coñecemento dela.
Vídeos gravados lendo o Quijote:
https://www.youtube.com/watch?v=XWIan0A4nvw
https://www.youtube.com/watch?v=QHTrLwpJ0-4"
Ningún comentario:
Publicar un comentario