Coa estrutrua de mando dun concello pódese estar máis ou menos de acordo, ou discutir as súas ideas e ordes. Pero cando se trata dalgunha cousa como o apresar a quen está a prender lume na estrada cara á veiga, a unanimidade é a única resposta posible. Levábamos xa algún tempo se conatos de
incendio na zona, e velaiquí que xa temos outro para apuntar na lista.
|
Lugar onde se atopa unha zona queimada correspondente a un dos incendios dos últimos meses. Mapa de openstreetmap. |
O alcalde chama a comunicar calquera información sobre os incendios á Guarcia Civil ou a Policía Local. Boto en falta que comunique os seus números, que quizáis deberan ser sabidos, pero non o son, aínda que tampouco son ningún secreto por estar accesibles en diversos lugares: 982 128 048 (GC) e 982 120 714 / 689 55 00 55 (PL), a máis do de Protección Civil, 659 942 158.
Polo demais, sen facer un seguemento extensivo, chámame a atención que non se producen a altas horas da noite, senón a horas normais, como se quen quixera queimar o fixera de paso que vai ou ven, sen molestarse moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario