20151013

Vistas nacionais

   Onte foi unha festa nacional, eso din. Unha, porque foi dunha nación -suponse- que ao menos ten dúas festas nacionais (os touros están catalogados como tal, ainda que diriase que en sentido diferente).
    Dende hai moito tempo, gústame o esprito de nación, aplicado ó mundo enteiro: nacionalidade? Terrestre! Aínda que debo confesar que tamén sucumbo á consideración deses lugares máis pequenos ós que estamos máis finamente unidos. Son galego. Pero por non fuxir dunha terra á que estaba unido, hai moito tempo que desfilei por diante dunha bandeira que me comparte e que tampouco é a galega... und so waiter, que dirían os alemáns.
    O caso é que onte, 12 de outubro, foi festa nacional.
    Así o proclamou a televisión, todo o día, de xeito directo e indirecto (mesmo houbo unha cadea de emisión de películas que antecedeu ó nome dos títulos 'Spanish National day'). Cara ó final do día, collín unha foto dun programa nunha cadea 'pública' onde, na parte superior da película -española, de sorriso doado- aparecía #12octFiestaNacional e un esbozo de bandeira...
   Sigo a dicir: Nacionalidade? Terrestre!
   Mentres, pódese recoller no xornal algo como o seguinte:
" Me cuenta escandalizado Miguel Ángel Revilla que se encontró ayer, en la recepción de la Fiesta Nacional, a Rafael Spottorno. El presidente de Cantabria no entiende cómo entre lo más granado de la sociedad española pudo toparse con un exjefe de la Casa Real que se gastó 223.900 euros con la tarjeta black de Caja Madrid. La Audiencia Nacional mantiene la imputación de Spottorno, que fundió el dinero de la entidad en asuntos tan importantes para su trabajo como recibir “masajes filipinos”. Le digo a Revilla que, si tenía que haber por allí una representación del país, era normal que hubiera algún imputado, porque tenemos muchos."  (Jesús Cintora)

Ningún comentario: