20151122

5 meses e 15 días despois

5 meses e 15 días despois de ter presentado o escrito que se recolle en parte embaixo, despois de terse presentado outros escritos na mesma línea, tanto por entidades como por particulares, a única resposta do concello foi uha nota (con copia a algúns dos demandantes de información) á que xa me referín aquí.
Despois aínda, se ten presentado o escrito de 3 de novembro que se pode ver aquí, pedindo a información que no foi subministrada.
Toda unha historia que vou recollendo no blog, e que, a nivel administrativo do concello de Ribadeo, resúmese en que das solicitudes que se fan no escrito que reseño embaixo, non foi satisfeita ningunha (só de xeito parcial, a primeira parte do primeiro punto, facendo referencia a que o concello ten pedidio informes a varias institucións últimamente, datas nas que fixo ademáis unha inspección na illa).
De novo, a resposta clara que se estima que debera dar unha corporación local brila pola súa ausencia. Como foi o informe do concello? Inhíbese (sen dicilo) o alcalde de expor a súa posición, como se lle pide? É que é descabellada unha consulta popular? Iso, en referencia a fai cinco meses e medio. Haberá que esperar outros cinco meses para que non se responda tampouco á petición de 3 de novembro? Séguese a política de feitos consumados, o de 'ti vai facendo', o de 'todo para o pobo, pero sen o pobo', ou que?
Unha falta de resposta máis. Continuará. E pode que medre.

Ningún comentario: