*Nota de prensa, complemento a 5 meses e 15 días despois*
Hai xa máis de tres semanas que deixei, en nome de O Tesón como entidade pero en función do acordado no grupo de defensa da illa Pancha, o seguinte escrito no concello:
Hai xa máis de tres semanas que deixei, en nome de O Tesón como entidade pero en función do acordado no grupo de defensa da illa Pancha, o seguinte escrito no concello:
“(...) Expón
Que en contestación do escrito enviado o 13 de xullo ó sr.
Alcalde (entrada 2015-E-RC-8223) recibiu a pasada semana un escrito
(saída 2015-S-RC-4256) no que non se respondía á petición da
“copia do informe presentado polo concello á petición de Costas
para a concesión do faro e illa Pancha como hotel'
Que sabemos que outros escritos semellantes doutras entidades e
persoas quedaron ben sen resposta, ben con resposta incompleta como
foi sinalado na parágrafo anterior,
Que en xuntanza (da que tomou nota de xeito informal, reflectida
en
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/11/cronica-informal-sobre-umha-xuntanza.html
e posteriormente reflectida pola prensa) o pasado domingo entre
diversas persoas integradas no grupo de defensa da illa Pancha,
acordouse solicitarlle de novo o dito informe, así como unha copia
ou acceso ó expediente no concello, e / ou (de xeito complementario,
non suplementario) unha entrevista previa,
Que entendemos que a situación da percepción social en torno ó
tema non está a mellorar,
Que entendemos igualmente que tanto unha reforma de fachada (punto
2 do seu escrito citado) como instalacións en edificación
independente (mesmo punto), ou o necesario sistema de evacuación de
fecais, ou a necesidade de gardar unha distancia de 20 m coa ribeira,
entre outros puntos, atentan contra a preservación debida da illa
debido á súa pertenza á zona LIC e ZEPA, a máis da que
consideramos indesexable cesión de lugar público e de referencia no
concello para actividades privadas, mesmo despois de ter cerrado o
acceso á xente do pobo á illa durante longos anos.
Que mesmo atenta e contradí á propia natureza da
resolución do Consello de Ministros, detallada e delimitada en nota
de prensa emitida polo Ministerio de Fomento
(http://www.puertos.es/es-es/Documents/Faro_Isla_Pancha_1.pdf)
onde textualmente se di "El proyecto sometido a tramitación por
la Autoridad Portuaria de Ferrol San Cibrao para el uso como
alojamiento en el antiguo edificio del faro de Isla Pancha (2
estancias adaptadas a la edificación existente) (...)”
Que necesitamos información para dirixir e avaliar de xeito
conveniente a nosa propia actuación,
Polo que solicitamos
- o informe enviado polo concello a petición de Costas
- copia ou acceso ó expediente que poda manter o concello sobre a
concesión do faro
- entrevistarnos con vde á maior brevidade posible para
tratar sobre o tema.”
Como se pode observar, o tema xa ten historia. E máis aínda da que
recolle o escrito, pois a comezos de xuño xa había peticións
semellantes no concello.
E, tres semanas despois, segue sen haber resposta.
A falta de resposta fai que moita xente teña como seguro que dende o
concello se está a apoiar a privatización temporal do faro. É unha
máis das cousas a considerar sobre o tema.
O grupo que nos opoñemos a dita privatización non vemos claro
moitas cousas. Como que a desidia na atención da administración en
relación á illa se converta nun desfacerse do 'problema',
interferindo a xestión pública dun faro coa privada da illa na que
se atopa, por un módico prezo e sen procurar alternativas (na
realidade, respecto a algunhas posibilidades, case sen permitilas).
Ou que o seu peche para evitar que a xente pase (quizais para evitar
destrozos, ou accidentes) se converta nunha invitación ó pase para
consumir. Ou que se a illa é privilexiada e conservada precisamente
por restricións ó uso da zona na que se atopa, se saque partido
dese privilexio do que goza eliminando restricións.
E mentres, o tempo pasa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario