20151104

Preparándonos para as eleccións. Algo de historia electoral

Despois dunha serie de artigos de matriz local (residencia, ría, illa Pancha...) non está de máis lembrar que as eleccións supoñen unha posibilidade de cambio dentro dun abano limitado intra-institucional. É para comezar unha pequena mentalización polo quie subo esta entrada co que é parte da historia electoral da nosa circunscrición de cara ó Congreso.
O primeiro que aparece embaixo é unha táboa, e baixo dela, o gráfico correspondente, co resume de deputados galegos dende a democracia, xuntando por familias a correspondente ó actual PP e a UCD co posterior CDS. Poden observarse varias cousas, como a baixada paulatina de deputados de Galicia, pasando de 27 no primeiro mandato a 23 no último ata agora, ou os altibaixos de representación en clave dereita/esquerda, destacando entre as posibles observacións con ese patrón a continuada maioría da dereita (só no 2008 PSOE+BNG sumaron máis que os partidos de dereitas).

 Nas seguintes ilustracións, presento o mesmo, pero referido só á provincia. A situación é semellante, pero máis acusada (só en 2004 e 2008 o PSOE logrou igualar, que non superar, o número de representantes dereitistas)

 A táboa seguinte é un resume a nivel galego.
Só números e gráficas, do mesmo xeito que os votos ó final só son números que esgrimen os partidos para dicir que ganaron e que teñen (ou deberan ter) o poder.

Ningún comentario: