Supoñamos que queres facer unha viaxe a Vilalba e non tes coche. Hai anos, sen autovía, tiñas 3-4 servicios diarios, coa empresa Ribadeo ou sucesoras. Vexamos agora na Arriva que servizos hai mañá martes:
Ah! que non hai... Si podes volver, por Foz, o que alonga a viaxe ata máis de hora e media, como nos tempos nos que a estrada da Xesta non estaba ninmarcada con líneas...
Por certo, a web está en galego, como podes comprobar: http://arriva.es/index.php?option=com_buscalineas&view=resultados&Itemid=86&pOrigen=494&pDestino=551&fecha=24/11/2015&lang=gl Non deixa de resultar un galego un pouco curioso.
Pero tes outra oportunidade, porque por Ribadeo e Vilalba pasan tamén autobuses da empresa ALSA. Imos aló.
Aquí tes o enderezo. Tenta procurar un servizo entre Ribadeo e Vilalba. Verás que non existe. E logo? Pois polos termos da concesión (concesións que se facían en época de Franco e que a transición conservou con outras moitas cousas), o servizo Ribadeo-Vilalba está asignado a outra empresa. de calquera xeito, ó mellor nos permiten facer trampa, vir dende Vilalba cobrándonos o billete ata Navia e baixarnos na parada de Ribadeo, que si que para... Probemos:
Pero... un momento! Se resulta máis barato e máis rápido ir de Vilalba a Navia ou viceversa que de Vilalba a Ribadeo!
Coido que xa teño repasado o tema das concexións internas para transportes dentro do concello. Vexamos que nos di na web de Eocar:
1 servizo ó día. E pola tarde? Ou subir pola mañá para baixar a mediodía?
Temos tamén, servido por Arriva, o aservizo pola moito máis poboada bisbarra costeira:
Nótase a diferencia, verdade? diría que os servizos hai que agradecerllos ó hospital da costa, ese que pouco a pouco vai perdendo autonomía e servizos (a pesar de que algún poda aumentar). Por certo, neste tramo compite con Feve:
O mesmo que antes, agora hai que deberlle o tema ó hospital. Neste caso, atopámonos ademais cun detalle: o custe do tren é a tarifa mínima, se non, sería máis barato que o bus... e máis rápido.
Poderiamos seguir, vendo que o tempo que se tarde en ou dende Oviedo no baixou moito dende hai 50 anos, pero iso queda para outro día. Por hoxe os datos dan que pensar. Por exemplo: Como combater o cambio climático usando o coche particular. Ou como moverse sen carnet de conducir. Ou Por que combaten as empresas a entidades como Blablacar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario