A Galipedia, como todas as wikipedias, está en permanente construción, polo que mañá a información pode ser abonda máis que a que poda referir hoxe aquí, polo que esta entrada só pode ser unha breve indicación a onde atopar as cousas. A máis da propia entrada de Ribadeo, hai entradas para cada Parroquia e para moitos dos lugares dentro delas.
A ligazón correspondente a monumentos e lugares de interese segue a medrar, igual que a relación de persoeiros nados en Ribadeo (42 a día de hoxe). Claro, vai máis lenta a construción da lista de alcaldes... As imaxes van pouquiño a pouco, pero xa hai varias deceas correspondentes a un reparto sobre a xeografía ribadense, sen incluír as encadradas en parroquias.
Oito entradas (aínda que en xeral, curtas) sobre a prensa publicada en Ribadeo tampouco é pouco.
Un pouco máis desordenadas están outras páxinas, como a correspondente ó Partido Xudicial de Ribadeo, Cocos, Clube de piragüismo, ou eleccións municipais en Ribadeo.
En construción, si, pero con moita información xa na actualidade. Un conxunto de páxinas sobre Ribadeo superior a calquera outro sobre o tema, coido.
Reprodución que se pode atopar en 'entroido de Ribadeo' na Galipedia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario