As capas de realidade superpóñense segundo categorías. Así, podemos falar dun plano local de realidade, co que ocorre na nosa vila e arredores, que aínda que esteña relacionado con outros planos, ten que ver co poder, a política, a economía, a sociedade, a nivel local.
Outro plano sería máis lonxe, a nivel estatal. Tamén relacionado verticalmente, estaría sobre todo determinado de xeito inmediato polo nivel de estado. Postos así, salteime o nivel provincial ou autonómico? Ben, tratando de categorizar, poderíamos chegar a eses niveis, pero considéroos secundarios na organización política, económica e mesmo social actuais.
O terceiro nivel sería o internacional, non considerando o nivel de estrutura UE (e menos aínda outros conxuntos como OCDE ou OTAN) máis que como secundario, a pesares da súa influencia cada vez maior en diversos planos transversais a esa realidade en capas da que trato.
A realidade humana, máis aló dos nosos límites inmediatos de familia e amigos, pode deifinirse a eses niveis de (auto)consciencia. E a eses niveis intenta ser manipulada.
A nivel internacional, París marcou un intento de definición de ben e mal, de visión de conxunto para ataque e defensa, de dirección de culpabilidade. As primeiras medidas do presidente francés, seguindo os pasos de, por exemplo, o estadounidense cando as torres xemelgas, implican unha cerrazón incomprensible en primeiro lugar contra o seu propio pobo. Os terroristas así, xa conseguiron o seu obxectivo: axudar ás 'forzas do mal' en Francia, Europa e o mundo enteiro, cerrando as sociedades nun movemento que os propios dirixentes asumen como deber de guías nacional-político-sociais.
Onte varios miles de persoas se reuniron en París. Non era propiamente unha manifestación, era unha xuntanza; era pacífica pero de arriba sabían que esas persoas non ían aproveitar o Black friday, senón que se vise que non queremos (inclúome) cambios no clima. É dicir, facer ver que a xente temos poder.
Pero a lei xa estaba promulgada. E para evitar atentados, a lei promulgada non tenta desenvolver as persoas, senón cousas como prohibir que se reúnan a non ser que sexa para gastar ou aplaudir ó führer correspondente. O resultado, case trescentas persoas arrestadas. Ademáis, a visión chega a nós, a mil quilómetros de distancia, algo distorsionada. Se nón, mira embaixo o conxunto de twits consecutivos que me atopei esta mañá ó pretender darlle unha ollada ás novas: prensa 'de aquí' cun cotilleo, o perseguido wikileaks con novas sobre o espiamento (que non expiación) dos activistas en prol do clima, e o uso contra eles das leis de emerxencia en Francia. Logo, unha nova deportiva 'internacional' no xornal madrileño, de novo,outra ligazón sobre as leis antiterroristas aplicada ás persoas que queren que o clima siga a permitirnos vivir, outro cotilleo do xornal español e unha promoción de vendas. Xa non hai Daesh/Isis, pero hai as súas consecuencias. En Francia, porque en España preferimos o resultado dos Seahawks (por certo, iso é baloncesto, béisbol ou que? Teremos que afacernos como co imposto Black friday?) e centrarnos en cousas bonitas de cara ás eleccións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario