20151207

Imaxes de Ribadeo

Mentres os muros de Ribadeo se enchen de carteis electorais e as vallas non retiradas do parque volven a ter uso dende as pasadas municipais, un Ribadeo ateigado de xente pouco parece pensar aínda nas eleccións, desprazadas polo mercado da Inmaculada Constitución, as rúas xa engalanadas ás noites, algunha nova tenda ofrecendo servizos, a comisión do antroido facendo caixa de paso que anima a consumir castañas, a nova do belén submarino a instalar o 12 na ría, e moitas máis cousas dun Ribadeo bulangueiro. Cousas que en xeral non recollerei aquí con detalle: son moitas, e moi pasaxeiras, por máis que nun momento parezan brilar. Mais as imaxes quedan na mente, e iso vai quedar, tamén aquí.
 Os cans non fan compras de Nadal. Eles esperan aparcados como bicicletas descoñecidas, sexa unha rúa con nome de Rosalía, sexa unha praza conmemorando o oito de marzo.
 Dionisio ó frente, no parque, tentando tapar os carteis electorais.
 Mercado mermado de árbores, imaxe contrapostra ás primaverais con follas tapando o ceo.
 A inmaculada Constitución ten o seu mercado, e só aló, semiocultos polo parque, lonxe, quedan o poder municipal e os símbolos do pobo.
 Un taboeiro no concello para avisos de fóra da casa do concello. Cantos pasaron xa?
 Un símbolo que se vai e tentará retornar: a Vilaronta, só coa pel, sen alma na rúa de San Francisco.
Bonito de noite (din, mesmo o alcalde se retratou e colgou a foto xunto a el), a estrutura pro Nadal parece uns fíos baleiros de contido polo día da praza de San Roque.
Tamén temos un faro no centro de Ribadeo... parece que hai que substituír ó da illa Pancha, agora en trance.

Ningún comentario: