A traverso de Pablo Mosquera chegoume unha peza que quero compartir.
Trátase duns planos gardados no arquivo de Simancas e relativos ó edificio que está no interior do ribadense forte de S. Damián. Quen teña ido a ver algunha exposición terá recoñecida a distribución que se mantén de xeito aproximado hoxe. As imaxes son ampliables premendo co rato e lexibles as súas inscricións, dende o curioso 'No tiene el plano explicación alguna' da primeira imaxe, datada o 12 de xullo de 1768 en Ribadeo, á explicación do uso das diferentes dependencias na segunda imaxe, que da conta dunha ampliación sobre o proxecto inicial, datada na Coruña o 4 de xaneiro de 1769.
Ningún comentario:
Publicar un comentario