20160108

A temperie de Ribadeo en 2015: 2.- Chuvia

Segunda entrega da serie sobre a temperie no ano 2015 (a primeira foi sobre a temperatura) feita cos datos da Pedro Murias.
Na gráfica comparativa entre os anos do século 21, o pasado 2015 ocupa un lugar non moi visible, de cuarto ano con menor cantidade de chuvia caída (781,8 L/m2), manténdose sempre en niveis medio-baixos (e moi seco xuño-xullo) excepto en na segunda quincena de xaneiro e en febreiro, con niveis medio-altos:
De xeito separado, pode observarse aquí:

En comparación, podemos ver embaixo a gráfica correspondente á media, que queda preto dos 1000 L/m2 ó ano (967,0 L/m2)

A tendencia parece ser unha lixeira subida  nas precipitacións anuais ó longo do século, un 1% cada tres anos, non representativo polo momento:

As táboas correspondentes (ampliables premendo co rato):


E o reparto mensual e semanal ó longo do século, con novembro como máis chuvioso (e o outono, a estación máis chuviosa) e xullo o menos chuvioso (e o verán, a estación máis seca) expresado de varios xeitos:





Ningún comentario: