Unha vez máis, vai incrementarse: a falta de obxectividade xa sufriu un novo aumento a conto dunha nova elección previa á investidura no parlamento catalán, cun empate que serviu para tentar xustificar con matemáticas que era algo imposible para logo insinuar que había trastenda política, e agora, tras a investidura, xa tapa o tramo final do caso Nóos, o mirarse a ética e problema de Europa cos inmigrantes, as diversas corruptelas (tamén catalanas) ó retorno da visibilidade de privilexios á igrexa ou calquera outro tema que se poña en diante e que poda se complicado para alguén con poder. Con usar o señuelo de Cataluña, aí vai todo, o sentido, o sentidiño, a ira, toda a fel que se poda ter dentro... ocultandoos esforzos da maioría por facer algo mellor para todos.
Seguirá, si.
Ningún comentario:
Publicar un comentario