Nun artigo anterior deixei esta gráfica, representando a media de temperaturas, en ºC, ó longo de cada ano do que vai de século en Ribadeo:
Da
unha idea de que a temperatura media ten subido en Ribadeo ó longo do
século, axustada, algo máis de 0,4 ºC. Dito así, non parece gran cousa.
Pero a percepción varía se o miramos doutro xeito. Por exemplo, os días
nos que nalgún momento se pasou de 25 ºC en Ribadeo ó longo dun ano. Corresponde á gráfica seguinte:
Nela
pódese ver que a media, no que vai de século, pasou de 6 días a 17. É
dicir, case un día máis por ano Ribadeo ten temperaturas que nalgún
momento sobrepasan os 25 ºC...
E máis visible aínda é a terceira
gráfica que deixo, correspondendo cos días de cada ano nos que Ribadeo tivo
nalgún momento unha temperatura por baixo de 3 ºC. Neste caso, pasouse
dunha media de 23 días por ano a comezos de século a 5 días por ano
agora. É dicir, ata o momento, no que vai de século, de media, cada ano
Ribadeo tivo un día menos con temperaturas menores de 3 ºC.
Naturalmente, este índice deixará de ter validez en breve: non haberá un
número negativo de días con temperaturas menores de 3 ºC...
Por que elixín 3 ºC e 25 ºC? Porque a media de temperatura anual estaba cando decicín facer a comparativa case no medio, 14 ºC, e
unha folgura de 10 ºC deixaba demasiados días para comparar (as
variacións relativas non serían tan grandes) e 12 ºC deixaría un número
de días totalmente episódicos, máis difícil de contabilizar
estatísticamente...
Evidencias
do quencemento global? Non, só testemuñas de que en Ribadeo 'non somos
menos' e tamén estamos a desfrutar do que xa escoitei cualificar (e
puxen nalgún artigo) como galicanarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario