XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA
O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016
publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da
Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón.
Temos particular interés por informar
ás asociacions ecoloxistas e similares que teñan interés por estes
asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un
grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido
medioambiental tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin
de contas é a receptora final de tódalas emisións.
Dase a
coincidencia de que nestes días estivemos falando con varias persoas
interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e
proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que
ven con esta finalidade.
Evaristo Lombardero Rico
Ribadeo, 15 de xaneiro de 2016
Coido que é unha oportunidade para poñer en marcha unha figura de protección que leva anos de retraso en relación ó que debera ser legalmente, e máis tempo aínda en relación á súa necesidade. Verase a operatividade da figura, rectora dun espazo definido o 19 de setembro de 2007 e do que se definiu a súa rectoría o 11 de decembro de 2013, sen consecuencias ata o momento.
Como preparación, terá lugar unha xuntanza no Cantón o venres 22 ás 20:30 de persoas relacionadas interesadas no tema:
O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a
anunciada xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de
Ribadeo. Terá lugar ás 20,30 horas do serán e están invitadas todalas
persoas que desexen participar. A Plataforma
pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as suas
actividades no ano 1.992 prantexando temas de protección da ría e outros
relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se
trata de repetir o vello modelo modelo organizativo
senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ria acarón
doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación
adaptadas aos costumes e medios actuais. A idea sería aproveitar as
bases administrativas da antiga plataforma para
comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de seis-doce
meses constituir unha nova organización con persoas, métodos e
prantexamentos renovados según as decisións que se dopten
colectivamente. A curto prazo prantexase a participación no Foro
Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a
celebrar na Pontenova o próximo dia 27 de xaneiro. Contacto
Evaristo Lombardero Rico
--
Entrada na Galipedia da Reserva da Biosfera
Ficha da reserva da biosferan da UNESCO
Web asturiana sobre a reserva
Previo á Reserva da Biosfera.
Un resume do que é.
Ningún comentario:
Publicar un comentario