A operación foi anunciada como un éxito xa a comezos do seu funcionamento, e reiterada como tal ó final. Anunciouse que ía habela un mes antes, e que ía a ser en colaboración concello-ACISA. Polo anuncio non me queda moi claro nin os custes para cada institución nin os custes totais. Por exemplo, os 13 000 € anunciados pouco despois inclúen o tema da pista de xeo? O custe como pago directo por entrada si que estivo claro: 6 €, que quedaban reducidos a 3 € conseguindo un vale por compras superiores a 20 € en locais de ACISA.
Estivo funcionando de 12 a 14 e de 17 a 22 h, sete horas diarias en sesións de 45 minutos, e din que pasaron por alí 7000 persoas, algo máis de 300 ó día. Iso supón unha recadación de 6 x 7000 = 42 000 €.
O que se comentaba no pobo, a falta de corroboralo, é que os gastos virían desglosados de tres apartados diferentes: a propia pista, a carpa e o persoal (auga e luz teñen importes significativamente menores). E que a montaxe e mantemento da pista tería un importe de 30000 €. Se son así as cousas (repito que uso datos escoitados a terceiros), o concello tería quedado máis ou menos a pre ou aínda con superavit, sen ter en conta o desconto e en xeral o convenio mantido con ACISA.
A pista foi desfrutada, vaia que si. Aínda que houbo que contar con varios accidentes e non se falou nada dun seguro, que incrementaría o custe da entrada e que foi algo criticado. Ben, nada grave pasou e si foi un tirón para o barullo en Ribadeo durante as tres semanas longas que estivo en funcionamento. Seis notas do concello (as ligazóns referidas nos dous primeiros parágrafos) deron conta do proceso.
No concello, no pleno, non sabemos se algún grupo dirá algo sobre o tema, aínda que me imaxino que o custe debera ser obxecto de algunha pregunta se non é desmenuzado previamente polo goberno municipal.
Voltará a haber pista o próximo ano? Apostas?
o sistema de mantemento do xeo |
detalle |
o xeo, desfacéndose no parque |
1 comentario:
Será muy interesante saber los costes reales y desglosados.
Publicar un comentario