Escudo de Trabada. Anxo - Galipedia, a wikipedia galega, CC BY-SA 3.0 https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=310959 |
Eu tamén a estou a tratar agora aquí, pensando no que penso sobre o que pasou tanto esta mañá como no momento do remprazo na alcaldía. No remprazo, estimo que houbo cando menos, descortesía, a máis do tema da 'perda' do bastón. Esta mañá houbo unha reafirmación da vontade popular manifestada nas eleccións. Mellor, houbo unha simbólica delegación de poder das persoas na alcaldesa, pois o bastón entregado á alcaldesa é de supoñer que quedará no concello e non será propiedade de Mayra, como parece que puido ter ocorrido con anterioridade. A delegación, lonxe das eleccións, disocia a vontade popular do sistema representativo no que estamos vivindo, manifestando así que é representativo, non democrático. E nese sentido, coido que aínda queda moito por percorrer, mais a entrega do bastón a Mayra estimo que moito máis aló da posible oportunidade é un paso na boa dirección cara a toma de conciencia e implicación da xente nos asuntos do pobo.
--
Nota posterior: O bastón sí que foi agasallado a título persoal, persoalizado, e non para o concello, quedando a alcaldesa emprazada por si mesma para ter un bastóns institucional. Se ben o feito cambia así, a lectura (ao menos, desaxada por min) non o fai tanto, polo que queda a entrada tal cual, a máis esta nota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario