Por medio dun
contacto na rede, chego a este mapa:
|
Collido de http://biqdata.wyborcza.pl/files/files/QaWZNI0u3X.png, onde se recomenda ir para ver con máis detalle. |
Especifica con puntos vermellos os lugares que teñen un 'santo' (a verba que corresponda en cada lingua) no seu nome. Coido que chama a atención a profusión de cor vermella en Galicia, que así, a ollo nu, acumula máis puntiños que todo o resto da península, Portugal incluído. Hai países que non inclúen ningún: Dinamarca, Finlandia, Letonia, Lituania, Moldavia e Chipre. Parecería que tamén en Malta, pero alí si que estou seguro que hai algún aínda que non apareza.
Ocórreseme que a importancia da distribución poboacional, co peso da entidade 'parroquia' na nosa terra ten algo que ver co tema. Distribución que non ten que ver coa santidade dos ocupantes do terreo. Estarás de acordo comigo, non?
... Mais non deixa de ser curioso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario