Desigualdades entre loitas.Non todas as loitas son iguais. Nin moito menos. Non é o mesmo a loita dunha nai por conseguir que o fillo coma aquel alimento que non lle gusta pero que lle fai ben que a que mantén para que non a moleste mentras podería sacar tempo para ver a televisión. Mesmos contrincantes, circunstancias diferentes, pero sobre todo, razóns diferentes en canto a desexabilidade para ambos.
Estes días está habendo unha loita en Luarca contra unha instalación dunha mexilloneira. A cuestión non é pola contaminación ou polo que afecte ó medio ambiente e biodiversidade na zona. Pode parecer o mesmo, pero o que se deduce das novas de prensa é que o enfrontamento está producido por que os profesionais que agora están extraendo percebe ou practicando a pesca de xeito artesanal verían a instalación como unha ameaza. instalación, por certo, que estaría promovida por unha empresa chamada 'mar aberto', no que algúns poden ver unha certa ironía.
É dicir, o enfrontamento é corporativo, non social nun sentido amplo. Non estudiei o tema para saber as implicacións que podería ter para a natureza, e evidentemente, nunha 'guerra' os bandos tentan aproveitar alianzas e sinerxias de cousas e circunstancias que non van en liña recta co que se pretende conseguir. Mais desenvolver unha guerra corporativa, dunha parte da sociedade, non é o mesmo que facelo para beneficiar a toda a sociedade. E iso, cando estamos metidos no tema, é difícil de ver aínda que se saiba dende hai moito, moito tempo, a diferencia.
Coelacan~commonswiki | Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario