Nota
de Prensa
20160302
Conforme
ó previsto, a AVV O Tesón enfronta o sábado 12 de marzo unha
xuntanza crucial para o seu futuro. Polo momento, a pesar dos avisos
e esforzo da actual dirección, non hai recambio, polo que, de non
haber sorpresas de última hora, a asociación vese abocada a unha
suspensión de actividades de xeito definitivo.
Tentarase
conservar a posibilidade de que no futuro alguén poda reavivar O
Tesón, mais hai xa previsto un desmantelamento ordenado, ó tempo
que a asociación non puxo en marcha novos planes dende as últimas
actividades a mediados do ano pasado.
Dende
a directiva, seguimos a pensar que O Tesón cumpriu unha función
importante en Ribadeo dende o seu nacemento ata a actualidade, mais
tamén que toda sociedade necesita renovarse para non irse separando
das persoas que representa e defende e converterse en algo vertical.
E estimamos que o ciclo correspondente a actual directiva xa hai
tempo que cumpriu. Defendemos que a asociación
é de todos, de
toda a sociedade, non só dos asociados, e
a todos incumbe a participación, incluída a xestión dos bens
comúns, mesmo inmateriais, como é o caso. Por iso, unha vez máis,
poñemos a O Tesón ó servicio da sociedade, de
Ribadeo.
Contido da convocatoria de asemblea:
Pola
presente, convócase a tódolos socios de O Tesón ás
asambleas
xerais
que terán
lugar no salón
de actos da Casa do Mar
o día 12
de
marzo,
sábado, comezando
ás
20:00
horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria,
que é
previsible que non
se fará por falta de quorum) coa
asemblea ordinaria e continuando sen corte coas sucesivas:
I.Asemblea ordinaria:
1.Lectura e aprobación se
procede, da acta anterior
2.Presentación, e aprobación
se procede, de contas e memoria de actividades
Un vez votado, suspenderase a
asemblea pasando á seguinte
II.Asemblea extraordinaria:
Presentación de candidaturas
e elección se procede de nova directiva
III.En caso de presentarse e
ser elixida unha nova directiva na asemblea extraordinaria,
retomarase a asemblea ordinaria; en caso contrario, realizarase unha
asemblea extraordinaria para a suspensión de actividades.
III.a.Continuación da
asemblea ordinaria cos seguintes puntos:
3.Proposta de programa e
orzamento e aprobación, se procede
4.Rogos e preguntas
III.b.Asemblea
extraordinaria
Punto único: Organización da
suspensión de actividades.
En Ribadeo, a 26 de febreiro
de 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario