Nin nos “Apuntes sobre Ribadeo” de D. Fernando Méndez Sanjulián (1884), nin nas “Efemerides Rivadenses” de “Áhn-Thón” (1893) se fai referencia a este reloxo. Posiblemente porque ámbolos dous autores non lle deran a importancia que ten un reloxo do século XVI, pois coñecíano de tódolos días, pois eran contemporáneos da Torre do Reló que no século XIX aínda estaba en pé. Igual que nos pasa hoxe coa Torre dos Moreno, que a primeiros do século XXI está aínda en pé e ó pasar mirámola sin fixarnos en detalles, e da que se dirá nas súas Efemérides do século XXIII, o fermosa que era e o ben que lucía como edificio simbólico do noso pobo...!!
Das actas do Arquivo, despréndense notas como: un acordo do 3 - Agosto - 1563 na “casa del relojero” ante o alcalde maior Sr. Ribadeneira; o alquiler da “casa del relojero” (1564); un pago o reloxeiro o 19 - Xaneiro - 1565; outro pago do salario anual de 2 - Xaneiro - 1566; pago o Mestre Pedro de Xances, Xauces ou Yances 20 - Xaneiro - 1566 donde se relata unha reparación importante que se lle fixo o reloxo, entre outras cousas, o amaño de nove dentes dunha roda e o amaño dun piñón, avería que levantou traballo ata o 18 - Marzo - 1566, cuxo relato ocupa varios folios... e un longo etc de máis notas sobre aquel, sin duda, magnífico e caro reloxo, obra da mecánica máis fina naqueles tempos da forxa e da fragua.
Se entramos na Wikipedia, vemos que o primerio reloxo mecánico foi construido por Richard de Wallingford, abad de San Albano, Inglaterra 1326. O segundo, construido en Padua, 1344, por Santiago Dondis... En España o máis antigo reloxo de torre con esfera data de 1378, na catedral de Valencia. Outro na catedral de Barcelona en 1393, o de Cuéllar (Segovia) de 1395 e o da catedral de Sevilla de 1396, que se inaugurou o 22 de Xullo de 1400 en presencia de Enrique III (“El Doliente” (1390-1406) da Casa de Trastámara, primeiro Príncipe de Asturias)
Pois ben. ¿De donde sacaba rentas o Concello de Ribadeo para o dispendio de comprar e manter un reloxo de torre no século XVI? pois non era barato e poidéramos decir que era un verdadeiro luxo ter un tamaño reloxo público. Hoxe en día sigue sendo un luxo, e só existe en Ribadeo un reloxo de torre mecánico, o da igrexa de Sta. María do Campo, que está totalmente “trucado” para que sone. ¿Verdadeiramente eran rentas as que entraban no Concello de Ribadeo no século XVI?. Na documentadísima obra “La Colegiata de Ribadeo” de José Mª Rodríguez Díaz, hai un parágrafo na páxina 13 que fai entrever unha posible historia: “D. Pelayo de Cebeira, obispo de Ribadeo, morre o 3 de Noviembre de 1218. Foi enterrado na Colexiata nun sarcófago de cantería bruta elevado a tres cuartas da terra sobre catro pedestales do mesmo material e situado no trascoro frente a porta principal. Na tapa do sarcófago había gravada unha cruz e un báculo"... comentario do padre Flórez do ano 1764, que expresa e insinúa unha realidade afastada no tempo... testimonio da pervivencia dunha profunda devoción popular hacia a persoa do bispo Pelayo. Devoción que estivo latente no pobo de Ribadeo durante máis de cinco séculos... Os fieis acercábanse o sarcófago a tocar “os rosarios e as súas cabezas dolientes e facer outras accións de devoción e piedade indiscreta e prohibida... O bispo de Mondoñedo, D. Manuel Francisco de Navarrete y Ladrón de Guevara, en visita pastoral a Colexiata de Ribadeo, de 3 - Noviembre - 1701, entre os mandatos, dicta un, o 35, polo que prohíbe estas expresións de adoración e ordena que se desterren estas costumes dos fieis... prohibidas polas bulas papales e o Santo Concilio. O bispo mandou abrir o sarcófago para ver se o corpo estaba incorrupto”.
Naturalmente o cadaver non existía. Polo tanto, según o criterio daquel malévolo bispo Ilmo. Ladrón de Guevara, “non había proba evidente de santidade do bispo Pelayo”. Gustaríame a min saber a cantos corpos incorruptos de santos lles rezaba “a súa Ilma.”. Por suposto, non lle rezaba a ningún, pero ben que se apurou a levarse o báculo de Pelayo (1199-1218), feito no obradoiro de Lemosín, de cobre dourado, esmaltado e con turquesas, que logo venderon a un marchante catalán, para facerse con cartos, e hoxe atópase no Museo de Cataluña en Barcelona. Tamén se levaron os zocos episcopais, feitos de madeira e pel de cabra e becerro, que hoxe se poden contemplar no Arquivo da Catedral de Mondoñedo.
Pero volvendo ó tema do reloxo de Ribadeo, ¿tiña a Colexiata de Ribadeo tanta limosna pola devoción ó bispo Pelayo, que o Concello acumulaba rentas do “turismo” que chegaba no século XVI, que podía permitirse o luxo de comprar un reloxo de torre e atender o seu mantemento? Posiblemente si... ou non!!! Pero para Ribadeo, aquel mandato do bispo de Mondoñedo, foi un feito garrafal para a economía do pobo, pois pasada a devoción polo bispo Pelayo, acabado o peregrinaxe de xente, que era esencial para o comercio da vila que era quen pagaba impostos o Concello.
Por outro lado, ¿que foi do “Relox” da Torre do Reló? ¿É posible que cando se tirou dita Torre do Reló, e se pasou a devoción de Sta. María do Campo da Colexiata, para o Convento de San Francisco, pasara o reloxo para a nova torre que hoxe hai na igrexa de Santa María do Campo, sustituíndo a antigua espadaña do convento?
Se isto é así, temos un reloxo do século XVI na torre da igrexa. Quizais debera inspeccionalo alguén que entenda, para ver se ten algunha marca de fábrica. ¿Se non é así, que foi do antiguo “Relox”? ¿Levou o mesmo camín que o báculo e os zocos?. Non sería extraño, nin raro que así fora, pois todas as “Antigüedades Ribadenses” contemplan un riquísimo e amplísimo patrimonio, do que Ribadeo podería vivir folgadamente só ensinándollo ós visitantes, desaparecen do pobo polo arte de birlibirloque. ¿Cando será o día que o Concello se implique na construcción dun Museo etnográfico, marítimo, arqueolóxico, etc. etc... incluso unha Galería de Arte cunha pinacoteca permanente, construir un Palacio da Música, obras arquitectónicas amplias para a poboación que somos, e non tan escasas como as que hoxe hai, casi medio-chabolistas, para poder desenrolar as actividades da Banda Municipal e a Escola de Música, a Coral Polifónica, as bandas de gaitas e tambores, etc.etc.?
Temos absolutamente de todo, pero desgraciadamente repartido por outros pobos donde se nos adiantaron na Conservación do Patrimonio. Hai por aí “seudomuseos”, en lugares incluso máis pequenos dos que eu critico en Ribadeo, donde colgan un gadaño das patacas, outro de aterrar, un foucín do trigo e un lampo do monte, unha gadaña, unha serra, un tronzador e unha barrena, e xa teñen un museo etnográfico, cun montón de visitantes o ano. Nós temos: o báculo en Barcelona; os zocos en Mondoñedo; centos de útiles do neolítico de Louselas en Vilalba; os cadros de Dionisio Fierros en Madrid; os de Benito Prieto Coussent en Granada; restos de naufraxios da Ría de Ribadeo, en Vigo, en Bueu, e a saber onde máis; un cañón de náufragos na Cruz Roxa en Lugo, a Diadema de Ribadeo no Louvre de París, o Carneiro alado de Ribadeo supoñemos que no Museo de Lugo... centos e centos de pezas expoliadas do noso patrimonio, en cerámicas, ánforas, canóns, bolaños de fragatas, urcas e galeóns... ¿Ata cando vai continuar isto? e o que é máis grave ¿saberemos algún día esixir o que é noso, do patrimonio de Ribadeo? ou diránnos aquelo de: “Si te he visto no me acuerdo” ¿Hai algún órgano administrativo do goberno municipal donde se levante acta do que se están levando, sexa quen sexa o organismo oficial que os leve? ¿Hai algún arquivo no Concello sobre o tema coa descripción das pezas levantadas, situación onde se atoparon e quen as leva, e para onde van, pois logo quédanse desperdigadas por aí... e quen o sabe?
¡Pois senón o hai, debera habelo, así que alguén debe poñerse o chollo, que non vai ser pouco, pois hai ao menos sete castros e máis asentamentos arquolóxicos nos terreos do propio concello, pecios na Ría de Ribadeo e asentamentos doutros restos arqueolóxicos submarinos donde se atoparán pezas de cerámica, de madeira, de ferro, de estaño, quizais de bronce, de plata, de ouro, e múltiples útiles de uso diverso, restos históicos cos que se poden facer coleccións de tódolos xéneros, pois hai para dar e tomar... ¡Pero non podemos deixar que “desaparezan”!
Pancho Campos Dorado
2 comentarios:
Bo artigo sobre o reloxo de Ribadeo. Por certo, o bispo Navarrete non atopou a urna de Pelaio valeira, senon que había un esqueleto. O que non atopou foi un corpo incorrupto. Ben. Polo que toca ó reloxo, fai tempo saiu na Comarca un artigo moi amplo e documentado de Chemi Lombardero sobre o reloxo. Eu non recordo moito, pro o que sei é que as campás foron feitas en Plasencia, porque as que tiña o vello reloxo da Torre do reloj non estaban sincronicadas. E o reloxeiro de Plaxencia mandoulles unhas que daban en sol - mi e fa sostido. Por certo, houbo desencontros entre o concello e o bispado, nos tempos do párroco, O Cura Vello, sobre a propiedade das campás da igrexa. O conto amañouse con entendemento entre as duas partes. Unha das campás da igrexa percencia a vella Colegiata, e o concello decía que era del, o mesmo que pasou co solar da vella colegiata, os sillares de cantería amontoados no Campo, que estivo a piques de ir a un preito entre o bispado e o concello, pro que se amañou con arranxo porque o Concello tivo medo os gastos do preito. As sillerías foronse vendendo ó largo de moitos anos e repartindo o producto ó 50% entre o concello e a parroquia. Outra campás da vella Colegiata foron, unha pro reloxo de Cubelas, outra pro Convento das Clarisas. Quen queira coñecer sobre o reloxo debe ver as actas municipais dende o ano 1890 ó ano 1907
Xa estiven falando dalgo diso con Pancho. Pásolle o comentario por se non o vira.
Publicar un comentario