20160318

Petición - concienciación

Nota previa posterior: Remato de recibir un cambio: polo momento, supéndese a recollida de sinatura en mesa de sábado 19 ata novo aviso.
//Nota posterior: tivo lugar a mañá de xoves santo//
--
 Mañá sábado está a nunciada a petición de sinaturas a favor da comunidade da Illa Pancha. Non é que na Illa Pancha viva unha comunidade de persoas, senón que a illa Pancha ten o cariz se ser da comunidade, comunitaria, de todos, sen reserva de propiedade privada, que é o que fai o convenio asinado polo Ministerio de Fomento/Portos do Estado coa empresa Eirobra: privatizar a xestión (e introducir unha serie de modificacións nunha zona que ten diversos tipos de protección natural e medioambiental, a máis de paisaxístico).
 A recollida de sinaturas farase no Campo (parque), a partires das 11 e media da mañá e ata o remate da mesma, aínda que hai follas para descargar, pois seguiranse recollendo durante un tempo, antes de presentalas.
A iniciativa compleméntase cunha recollida de sinaturas en internet que xa leva máis dunha ducía de centos delas recollidas, e que de igual xeito aínda seguirá dispoñible.
En papel, o documento utilizado é:
Visible de xeito separado e desacrgable para imprimir.
Como pode verse, a proposta é que se implique á cidadanía, a nós, a todos, ós propietarios da illa, en troques de privatizar despois de manter impedido o acceso durante décadas.
O movemento pacífico leva xa tempo en acción, e polo momento, despois da sinatura do convenio Eirobra/Fomento a cousa está parada, contemplando como en algún lugar xa se descartou a idea da privatización do faro correspondente, lugar de interese comunitario como a illa que nos ocupa.

Ningún comentario: