Como entradilla do título da nova do concello aparece que o punto de atención estará aberto do 19 ao 27 de marzo. Vale, non só son eses 9 días, senón que logo, ata a campaña de verán, serán as fines de semana, e logo, a campaña de verán.
De calquera xeito, un anuncio así, como aparece nas novas do concello, non deixa de ter un título engañoso. E, considerando un pouco máis aló, cabe preguntarse onde foi aquelo de que as institucións aseguraban empregos de calidade, porque mantiñan a consideración social e do interese do emprego como axente transformacor da sociedade. Certamente, con este tipo de emprego limitado a saltos estase a transformar a sociedade, pero máis ben en sentido non moi desexable.
Quizáis poidera defenderse a postura se as catedrais non tivera tirón maís que cando se apunta o servizo de atención, pero o contínuo paso de xente polo cantil di que ao menos, sería de considerar un servizo máis estendido. Na nova fálase de que é un 'reforzo', mais coido que agora non está aberto o punto de información, polo que de reforzo ten pouco.
Imaxe de OpenStreetMap.org, lic. ODbL |
Ningún comentario:
Publicar un comentario