20160302

RIBADEO EN BICI

#ribadeoenbici
Un grupo de usuarios da bicicleta, decidimos facer todos os venres primeiros de cada mes, unha concentración no Cantón dos Moreno como xeito de reivindicar espazos de uso para as bicicletas e facernos visíbeis ante o resto dos vehículos con os que temos que convivir día a día.
Queremos dar a entender que os beneficios do uso da bici, tanto a nivel individual como coleitivo son mútiples:
-Combater a vida sedentaria.
-Práctica de exercicio diaria.
-Evitar colapsar as vías urbanas.
-Uso e disfrute dun vehículo mui apto para un lugar como Ribadeo sen pendentes.
-Que a xente nova o use como medio de desprazamento aos centros escolares...
etc.
Por todo esto, facemos un chamamento a todos os usuarios e ao conxunto dos veciños de Ribadeo para que se sumen á nosa iniciativa e entre todo fagamos posibel unha vila máis sostibel e agradable para tod@s.
A concentración será este venres día 4, ás 7 da tarde, diante do concello de Ribadeo.
Posteriormente faremos un pequeno recorrido, lúdico-reivindicativo.

Máis de Ribadeo en Bici.

1 comentario:

Unknown dixo...

Aí nos veremos...e pedalearemos